Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celso: a radio en Galiza e a emigración

viernes, 02 de agosto de 2013
A viaxe de regreso desde Montevideo duraría bastantes horas de avión. Extendín o que puiden as pernas, puxen a cabeza no respaldo do asento e deixei-me levar polos recordos. Pasaran moitos anos, máis de cincuenta, quizaves máis de sesenta …

Celso fora o primeiro de sete irmáns, nacera o ano 1931 nunha aldea de Lugo pola que pasaba o autobúas da liña, polo tanto, os rapaces sabían que había “máis alá”. Sempre foi aluno do seu pai, un mestre nacional itinerante que, casi milagrosamente, salvou-se da represión franquista. De chaval, apenas adolescente, comezou a artimañar xoguetes varios. Un dos máis importantes foi a bicicleta de pau cun eixo de ferro apoiado nun coucillón, que había que engrasar a miudo. Por entonces xa eran catro irmáns que pelexaban pola bicicleta, aos que había que sumar os primos varios e algúns amigos.

Con dezasete anos quedou coa mamá na casa, facía as labores do campo. O seu espíritu inquedo tiraba para a cidade, a máis perto era Vilalba, alí coñeceu as primeiras radios, estusiasmoulle a posibilidade do contacto co exterior, ainda que so fose polo son. Axiña fixo unha radio-galena, entón pediulle á mamá que lle pagara o curso de técnico de radio na academia por correspondencia CCC de Barcelona (hoxe, CCC segue a dar cursos varios).

Non había tema que se lle resistira, ía a Vilalba a comprar, no comercio de Cernadas perto da Pradia, as compoñentes para construir os receptores, para cumprir as prácticas da academia. Non tardou moito tempo en ser convidado polo dono a facer practicas con él; o paso seguinte foi ir polas aldeas a vender e instalar aparatos de radio. Cando a familia compradora decidía mercar o aparato, marcaba unha data que debía coincidir coa posibilidade de que no lugar houbera lecer para presenciar a inauguración das escoitas radiofónicas. Os patrucios da casa, avisaban aos parentes próximos e lonxanos de que tal día comezaba a funcionar a radio na casa, os máis achegados viñan xantar, Celso debía ter o aparato listo para despois do almorzo. A comida ese día era un banquete como os das festas patronais, Celso comía e bebía para se fartar e para o contento dos compradores, despois votaba unha sesta apoiado cos cóbados na mesa, e xa ao final, ante a expectación masiva, prendía a radio que coa música e as voces dos locutores enchía de felicidade á concurrencia.

Eran tempos de novidade e de comezar a gañar algúns cartos. Asi seguíu ate 1958 que embarcou na Coruña no trasatlántico Cabo de Hornos para Uruguay.

Celso, na aldea, afogábase, a falla de horizonte estaba a mata-lo, precisaba ver máis, moito máis lonxe, sair da rutina, coñecer as novidades no campo da electricidade, dar renda libre ao seu maxín. A posibilidade deuse cando a súa noiva foi levada a América pola sua familia, ir tras ela era a única razón que entenderían os seus pais. Así o fixo. Era intelixente e moi traballador, tiña moitas capacidades e posiblemente nese outro país trunfase. Para solicitar o permiso de entrada no país, tivo que poñer que ía como agricultor, xa que Uruguay só precisaba técnicos para mellorar o cultivo do campo.

Cando chegou a Montevideo no primeiro comercio que explicou o seu currículo, xa o colleron para traballar na reparación de radios, era un dos mellores comercios de electricidade de Montevideo. Alí estivo uns tres anos e deuse a coñecer como Ferreiro, o galego. Esos tres anos foron suficientes para que se fixera coa cidade e proxectase un novo traballo, esta vez como dono e como produtor.

Montou a súa empresa no mellor bairro da capital, un baixo que pouco despois ampliou co entrechan. A súa especialidade era a confección de transformadores de toda gama. A sona polo bairro era que Ferreiro podía resolver casi todos os problemas radiotécnicos que se lle presentasen. Foi entón cando coñeceu ao médico neurólogo Fuster, que tiña varias iniciativas teóricas para construir aparellos que contribuiran nas solucións dalgunhas enfermidades. Fuster atopou en Ferreiro ao técnico que podía levar a cabo os seus proxectos. O neurólogo montou no baixo da sua vivenda un taller onde Celso comezou a fabricar tensiómetros (ou algo así). Fuster, que era profesor na Universidade, convocou aos alunos da facultade de Mediciña para, acompañado de Ferreiro, explicar o invento. Todos na familia leeron o artígo publicado na revista Acta Neurológica (nº 11) do ano 1965, no que afirman que os primeiros astronautas empregaron este artiluxio.

Pouco tempo despois veu a Galiza coas duas “chiquilinas” Mabel e Marina Carmen, comprou en Madrid un SEAT 600 que deixou á familia, así, o seu irmao pasou da vespa ao automóvil.

Voltou un par de veces a España, pero alí queda para sempre no campo santo . As fillas, casadas e con nenos pequenos, non voltaron a España. Houbo un pequeño intento de que un neto viñera a xogar ao equipo de fútbol de Zaragoza.

A valía de Celso, as súas capacidades as aproveitou
outro país. A familia perdeu un fillo, os seus descendentes situados na outra bando do Atlántico, síntense , unha vez e outra, extraños aos de aquí.

Celso foise hai cincuenta e cinco anos, mais, “hoxe como onte”, hai que sair do país, hai que rachar as amarras e camiñar cara a ningures con valor. Estas decisións están acarreando, mais unha vez, profundos dores e rupturas familiais moi difícis de soportar. Poucos lectores poderán afirmar que non coñecen nengunha historia de emigrantes de hoxe.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES