Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Festival de Pardiñas

viernes, 02 de agosto de 2013
COMUNICADO DA ASOCIACIÓN CULTURAL XERMOLOS:

Pola iniciativa dalgúns colaboradores de Xermolos e o Festival de Pardiñas avaliamos a posibilidade de suspender o Festival da vindeira fin de semana. Despois de valorar a situación, decidimos seguir adiante co proxecto, Sentindo no noso corazón este accidente, pensamos que cómpre reforzar a nosa decisión de inzar en actividades positivas que xermolen luz, progreso, liberdade, creatividade, solidariedade…, nas que queremos que medre este festival.

Algúns e algunhas só queren saber da xenerosidade de Galicia cando pasan traxedias destas, e esquecen que cada día a nosa xente está traballando solidariamente para poder sobrevivir como poboación rural, paisaxe, cultura, fala… As e os veciños de Angrois e demáis levan séculos dando mostras de ben, porque tanta grandeza non se improvisa nun segundo, e algo que levan atesourando. Pero as iniciativas positivas non convén difundilas nunha sociedade que xoga ao despiste, só as sabemos na intimidade de cada día. Non abonda con demonizar a ninguén, todos temos responsabilidades cotiás. En Xermolos que traballamos todos os días coa mocidade estamos cansos de que se nos denigre por situacións illadas, e non se recoñeza a súa entrega a cotío como están a demostrar neste accidente.

Emporiso o Festival de Padiñas volve abrir as súas portas, coa forza das e dos que viven para sempre na patria do amor. Cremos que eles están a urxir medios para que isto non volva acontecer.

Todos íamos nese tren, de feito algúns amigos de colaboradores de Xermolos: o gaiteiro Santi Barral, o irmán de Victor, artesán que ten participado nas nosas mostras de instrumentos, Antonio, o amigo de Heitor Picallo, o ilustrador dos libros que presentamos neste festival, e máis… A familia de Pardiñas é moi longa. E algunhas e algún de nós fomos doar sangue a Lugo, porque todos somos un. Imos ter unha lembranza para todas e todos eles. Pero non queremos paralizarnos na tona do acontecido, nas anécdotas, queremos ir ao fondo do problema.

O tren convive con nós nas Terras de Parga e Guitiriz, somos veciños, e temos unha longa historia de reivindicacións de melloras deste transporte. Sabemos de moitos mortos, antes de que escoitasen a necesidade de pór barreiras e atendelas debidamente nas dúas vilas. ¡Cantos anos reclamando a supresión de pasos a nivel!

¡Queremos un tren axeitado á nosa xeografía e ás novas tecnoloxías, sobre todo un medio de cercanías que nos integre na sociedade e na paisaxe!
Xermolos rexeita o sensacionalismo adormecedor dos poderes ante desgrazas coma esta, e busca as raíces para evitar tanto sufrimento. Xa o proclamamos co Prestige, organizamos viaxes de voluntarios e voluntarias para limpar a costa, pero seguimos reclamando medidas para afastar dos nosos mares tanto lixo…
Xermolos
Xermolos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES