Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Augusto

jueves, 01 de agosto de 2013
Ven de comezar o mes que lembra ao romano Augusto, co que se identifica ao periodo de tempo xeralmente dedicado ás vacacións, no que a tendencia nos últimos anos era o peche da maior parte da actividade do país.

En principio, xa era inhábil a efectos xudiciais, polo que todo o que neste mes lle correspondese celebrarse pasaba e pasa a setembro. E logo, en todas as dependencias da Administración, a recomendación era coller vacacións preferentemente neste período, cousa que remata por ser lóxica ao evitar provisionalidades ou carencias noutros períodos do ano.

Moito se agarda deste agosto, no que ao turismo se refire, taboa de salvación para moitos establecementos que dependen do tempo, da afluencia de público, do ánimo deste público en consumir.

Que nestes tempos, a tendencia é ao aforro dos que teñen e as restriccións absolutaS dos que posúen pouco ou carecen, agardando mellores tempos.

Como a inmensa maioría do país se vai de vacacións –os que poden – que sexan estas felices e farturentas, e a disfrutar delas o mellor – e maior tempo – posible. Que despois de agosto ven setembro. E se sempre se falou de outonos quentes, este pode selo tamén a menos que eses novos brotes verdes que xa ninguén se atreve a anunciar decidan asomar as súas xemas por riba do escuro e seco chan que pisamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES