Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libre de toda culpa?

martes, 23 de julio de 2013
Estos días de verán, cando o Sol aperta forte, semella que as novas cada día sorpréndennos aínda máis. Agora que o pote anda a punto de rebentar coa calor que fai, con tanto chourizo que se coce nel, un sopro de ar fresco non nos vén nada mal.

Pois, xa o temos, o bafo cheirento que saía da cocedura, de súpeto quedou arrefriado. Nin máis, nin menos; aquela acusación da Pokemon ao Sr. Blanco, non era -come xa se presumía- máis ca iso, unha sinxela acusación sen fundamento, faltaría máis, non íamos crer a un presunto delincuente, que dicía certas cousas que agora está probado que non tiñan fundamento – vamos que só eran sinxelas calumnias- como de costume sucede cando acusan a políticos de certa relevancia.

Eu non son quen de atinar que é o que pasa, os políticos lonxe de perderen a súa honorabilidade cando pasan acusados polos tribunais de xustiza, máis ben saen fortes, cunha chularía que hai que vela – menos mal que xa estamos de volta- parecen de cristal, transparentes, intocables -bueno, isto último non o parecen, son intocables- libres de calquera malfeitoría.

O que dixen da transparencia é un erro, sen sentido, inoportuno.

Se buscamos a transparencia nos políticos non a vamos atopar, pois non anda entre eles. Polo que todos vemos cada día, as augas máis turbias e a borralla do lixo son a hixiene de política, así logo, vénnos o cheiro fedento cada intre que nos din as pericias en que andan metidos políticos de todos os partidos.

Aquilo de hoxe por ti, que eu mañá xa che pedirei a cambio; é moeda corrente entre políticos antagónicos, agora co Sr. Rubalcaba apertaba forte contra o PP, ameazando con que lles ía pór unha moción de censura, vai, e resulta que o Tribunal Supremo coincide no intre preciso, e arquiva a causa contra o exministro Blanco, unha simple coincidencia sen máis -o malo é que dá para falar, para pensar mal, ou non llelo parece?-

Parece que poíticos e xuíces comen na mesma mesa, da mesma comida e beben da mesma bebida. Parece que hai certa compracencia entre os unhos e os outros. Parece que todo anda revolto entre eles, que todo vale. A nós parécenos unha verdadeira comedia, se algunha vez aos xuíces se lles ocurre condenar a poíticos, van os do outro partido no Goberno e, “zas” indúltanos, máis pronto que canta un galo.

Aquí no noso país, hai dúas maneiras de bailar: o arrimado -ben pegadiños- que bailan políticos e xuíces e o ben alonxado que bailamos os outros cidadáns. Así nos vai.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES