Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xordos que non queren oír

jueves, 18 de julio de 2013
Desde o Preguntoiro

Isto que está a pasar en España non ten perdón para estes cínicos e mentireiros que nos gobernan. O caso Bárcenas, co presidente deste país pringado, onde todo o sistema está podre. Diñeiro a moreas, compra de contratos públicos, comisións para recalificacións, compra de políticos pepeiros e millóns e paraísos fiscais. nun país medianamente democrático, é inadmisible que quen dirixe o estado, entre outras cousas ten que loitar contra o fraude fiscal, houbera cobrado en diñeiro B e siga de presidente como se nada houbera acontecido, onde o paxaro segue cantando na xaula, pero aínda hai moito xordo que non quere oír.

Aquí róubannos a saco, desde os borbóns ata o último alcalde do último pobo que teña boa caixa: temos exemplos para tódolos gustos. Porén, os peperos lévanse as medallas con diferencia, xa o veño dicindo en anteriores opinións, o levan no ADN, esa xente que lle chaman “gente de bien” a maioría é ladroa por naturaleza.

Este sistema que implantaron desde a transición, acadando o nefasto bipartidismo, mantense en dous alicerces: as empresas do gran capital que son as que engraxan con diñeiro fresco aos partido que gobernan e gobernaron ( neste caso PP e PSOE) e as masas que lles votan que pingan moito aceite polas orellas, crendo que isto é unha democracia.

Facendo un pequeno analisis do que está acontecendo sobre o caso Bárcenas, por certo moi grave, coido que destapouno o sector máis fascista do PP, queren ocupar a cadeira de Rajoy. Puxeron en marcha un autogolpe civil, unha especialidade da casa, lembrando tempos de “ bienios negros”.

Non é moi doado de saber, curiosamente en España estanse a dar tódolos ingredientes que da que pensar, que pode ser posible que unha organización tipo mafiosa chegue a gobernar un estado. Se iso fora posible, quen sería o “Padriño” ou el “Capo di capos”?.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES