Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A situacíón da muller na Igrexa Católica

martes, 16 de julio de 2013
A interpretación da Biblia e da tradición cristiana fíxose sempre desde unha perspectiva exclusivamente masculina. Os comentarios bíblicos omitiron a presencia de mulleres no texto(por exemplo, en Pentecostés), e desfiguraron o significado orixinal dos personaxes femininos.

É necesario facer unha lectura do Evanxeo desde o punto de vista da muller, e transmitir a Boa Nova de que Xesús quería unha comunidade de discípulos iguais. Non se pode utilizar a Xesús para descriminar á muller. Iso fíxoo a igrexa a través dos séculos, ata hoxendía.

A situación da muller na época de Xesús era tremenda. Calquera xudío rezaba así: “Bendito sexa Deus que non me fixo pagano, non me fixo ignorante, e non me fixo muller”. A muller era un ser sin autoridade, marxinado de toda decisión, mesmo da súa propia vida. Pero, Xesús aposta pola muller. O seu Evanxeo é Boa Nova, sobre todo, para as mulleres: “ Benaventuradas as pobres, as que teñen fame, as que chorades, cando os homes vos odien, vos expulsen, vos inxurien... alegrádevos e saltade de gozo, que o Reino que Xesús trae é voso. Xesús vai cambiar a Lei e esas tradicións inxustas.

Xesús denuncia as inxustizas. Maldí ao rico, ao poderoso...En coherencia coas súas ensinanzas, non pode xustificar a sumisión, ou a menor dignidade da muller respecto ao home. Sería consolidar e dar por bo un reino de inxustiza. E Xesús non fai iso.

Ao longo do Evanxeo, vemos moitos sinais de amor e de liberación de Xesús cara a muller: a resurrección do fillo da viuva de Naín, da filla de Xairo, a curación da filla da muller fenicia, a da muller con hemorraxias de sangue(considerada impura, intocable), o perdón dos pecados da prostituta que lle lavou os pés coas súas bágoas, a muller adúltera que querían apedrear e el di que, se hai alguén sen pecado, que lle tire a primeira pedra, etc. Xesús rompe coas prescricións misóxinas(de odio ás mulleres) dos rabinos xudíos. Xesús acompáñase por mulleres, preocúpase e fala con elas, mesmo con pecadoras e estranxeiras. É moi chamativo o caso da Samaritana. Xesús pídelle de beber e, logo, ofrécelle “auga viva”. Hai un diálogo de igual a igual. Logo, ela deixa todo, corre e vai transmitir ao seu pobo a Boa Nova.

Xesús libera da súa xoroba a unha muller en sábado. A xoroba simboliza o peso da humillación de todas as tradicións que sometían á muller e que a impedían medrar como persoa.

Temos tamén o exemplo de Marta e María, que non está fomentando a vida relixiosa e contemplativa, senón que as mulleres teñen dereito a conversar con Xesús, de igual a igual, como os homes.

Xesús condena o repudio ou “carta de despido” que aquela sociedade machista permitía aos varóns, e que deixaba á muller totalmente desvalida.

Cando Xesús morre na cruz, como consecuencia da súa vida e da súa palabra tan libre e valente, as mulleres que o seguían desde Galilea e outras de Xerusalén son testigos desta morte, e non o abandonan.

Por outra banda, a muller é o primeiro testigo da Resurrección. Corren anunciala aos once. San Marcos tamén afirma que Xesús resucitado apareceuse primeiro a María Magdalena.

A igrexa católica non seguiu as directrices de Xesús, está claro. Por iso, chegamos á situación dos nosos días, que, a pesar de que está composta por un sesenta e un por cen de mulleres, organizadas en distintas órdenes relixiosas, frente ao trinta e nove por cen de homes, entre sacerdotes, bispos, relixiosos e diáconos. Hai un montón de clubes eclesiásticos aos que ás mulleres se lles prohibe a entrada, como ao cardenalato, ao episcopado, pasando polo sacerdocio e todos os demais ministerios eclesiásticos. Moitos bispos mesmo lles prohiben ás mulleres subir ao altar como monaguillas.

A institución eclesiástica está exclusivamente en mans de varóns. Pero, NON por mandato evanxélico. Xesús non quixo algo especial para as mulleres. Quixo para elas o mesmo que para os varóns. O mesmo lugar para todos, é dicir, o de fillos e fillas de Deus.

A muller é unha maioría silenciada dentro da igrexa católica, e isto é un pecado contra o espíritu de Cristo, e contra os signos dos tempos que vivimos, que van en liña de igualdade entre homes e mulleres. Por iso, a igrexa católica é a única institución do mundo occidental que segue marxinando ás mulleres. É, aínda hoxe, unha sociedade antidemocrática, e que non respecta os dereitos das mulleres, nin as trata como seres coa mesma dignidade e dereitos que os homes. E a ausencia das mulleres empobrece enormemente á igrexa. Fai falta rescatar a aportación das mulleres á experiencia cristiana. Hai moitos crentes, mesmo bispos e sacerdotes que apoian a integración das mulleres na igrexa con todos os dereitos e en todos os estamentos: sacerdocio, obispado, cardenalato, etc.

Agardamos, cheos de fe e esperanza evanxélica, que o noso Papa Francisco, poña remedio a esta inxustiza.

AMÉN
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES