Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As pedras da Chaira choran no esquecemento

miércoles, 10 de julio de 2013
Van caendo, as pedras esquecidas, engulidas na escuridade, mentres o ríos baixan ogochados polos prados, levando coa correntre o amor tenro das flores aída antes de saíren de mañanciña, envoltas nun veo de poalla branca mesturada nas febles follas recén agromadas das ponlas abaneadas pola brisa lonxana dun mar enfurecido, abatendo sen clemencia os cantís de pedras de xisto pardo.

Así é a Chaira, terra adormecida que esperta con brío na primeira luzada, levando con ela o doce cantar dos paxaros, o baile ao unísono dos amieiros. O longo rabo do raposo saltando os valos, meténdose na eira coa ansia cega de non axotar as galiñas; para que o can de palleiro non dea o primeiro ladro, por se o labrego levanta a orella antes de tempo.

Terra sen crebas, cha coma un prato, fría no inverno, co sangue fervendo cando o Sol se pon de fronte no verán sen testo. Medra a herba, fai máis angostas as pistas por entre as senras. As patacas alfombran verde escuro nas leiras. O trigo,tremesiño, xa medio esquecido polo labrego - sen dúbida o Rei Chairego - empuxado polo ar, pon ondas douradas onde a auga fuxiu á tardiña, escapando da noite, agardando a seitura.

Fariña branca, rafa húmida recén cocida, codia dourada, sabor de bolo aredondado envolto pola calor roxenta do forno de leña.

Touciño, xamón e cacheira; na cesta de abeleira enriba da rodela tecida de trapo, de fío e la, na cabeza ergueita da labraga, palas corredoiras e saltadoiros dos curros choedos de chantos de xistos, levándolles as dez aos seus labregos que xa puxeran fío aos foiciños na leira antes co Sol acendera a fogueira.

Caprichos do destino, a Chá durme no esquecemento, os carros xa no cantan, diso xa fai tempo. O labrego agora é máis ben gandeiro, quedan poucos e os fillos fuxen, non queren dobregar as costas e levar o calzón sucio.

Porén as pedras seguen caendo, podrécense as padieiras, as louxas fuxen das cubertas deixando espidas as trabes, mentres os cangos funguetos caen ao chan un tras outro. Das fiestras sen trabateles caen os cristais, medran por elas as silvas pálidas sen clorofila, buscando a luz que se mete polos fachineiros das cubertas medio caídas. Arquitectura popular tradicional, casas de planta alongada con paredes de xisto, granito e arxila crúa; cuberta de dúas augas, alguhas con fermosas solainas e pendellos arrimados, moitos pendellos arrimados, o forno de leña e o pozo na eira o una mesma cociña.

Fermosa Chaira, amosando pracenteira os verdes en todas as súas cores; os ocres amarelados e avermellados das fragas no ocaso do outono cando o frío espide as árbores moi preto do inverno. Ás veces branca de xeo, cuberta de néboa ou xistrada pola auga e o vento, pero sempre esperta.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES