Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Televisións

domingo, 14 de agosto de 2005
Non hai tantos anos que os galegos -como tódolos españois– tiñamos unha sola televisión que conseguía audiencias multimillonarias, sempre en aumento pola extensión do fenómeno pola nosa xeografía.

A segunda cadena, as autonómicas, as privadas e as canles de pago amplaron de tal xeito o panorama audiovisual que o reparto das audiencias fai difícil a loita entre as canles, e complicado o reparto publicitario que se supón será proporcional ó seguimento do público espectador.

Case un oitenta por cento dos españois ve a televisión a diario, frente a un 32 por cento que le xornais ou o 41 por cento que escoita a radio.

Esta realidade pode ser a que move ós poderes públicos a multiplicar a oferta audiovisual, ben sexa para dar maior oportunidade á iniciativa privada a que entre no negocio dos medios informativos (versión optimista e crédula), ben para evitar que ningunha cadea poida posicionarse radicalmente en calquera aspecto con perxuicio político para o gobernante (versión pesimista e real).

Galicia vai ter dúas canles autonómicas máis, máis as correspondentes televisións locais, máis as que nos cheguen de Madrid, máis…

A loita pola audiencia vai ser a morte.

E estaría moi ben unha loita sen cuartel se esta contenda se basase na calidade e non na cantidade.

Unha das canles novas –La Voz- ten cartas de axuste locais en diversas cidades por non ter ousado loitar a escala local ata agora. Outra –Popular– está loitando a brazo partido ofrecéndonos cine cómico e “Crónicas de un Pueblo”, como exemplos perfectos de acomodación ós tempos que corren.

Canto más aumenta a oferta televisiva, menos hai que ver, din moitos galegos.

Haberá que esperar a que alguén – se o hai – lles e nos demostre o contrario.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES