Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non somos nin babecos nin paspáns

viernes, 28 de junio de 2013
Desde o Preguntoiro

Pregunteille ao meu neto que ten tres anos e medio quen era Bárcenas, a súa contestación deixoume pasmado: “ ... ese señor é un ladrón, logo convertese nun lobo que vai polo monte e despois convertese nun tiburón que vaise polo mar...”. Non sei onde puido aprendelo, nin sei como raios ten esa inventiva , non encanto, razón no lle falta, máis cun tiburón é unha quenlla de longos dentes.

Coido que este goberno xa non engana a ninguén non sendo aos que van pola vida de dogmáticos aínda que lle leven ata os sancomiños.

A Sra. ministra Soraya Saez de Santamaría hai uns días comentaba algo surrealista: “...ha llegado la hora del sacrificio de los políticos...”. Esta xerifalte razón non lle falta, coido que tiña que comezar por todos os seus amigos de partido en especial todos aqueles de Valencia e os que recibiron grandes sumas dos sobres de Bárcenas.

O do DNI nº 14 da infanta Cristina que, o ministro Montoro nas súas explicacións chegaron a ser un esperpento elevado ao cadrado, onde a maioría do pobo comezou a chupase o dedo como nenos pequenos. O da Cospedal que todo fala en “diferido” intentado acochar todos os cachifallos que comete na súa andaina política. O da proposta clasista do ministro do ensino Sr. Wert, onde coa súa teima fascista intenta deixar a 340.000 universitarios sen beca de estudos. Este pode ser o ministro de ensino máis inútil deste país, un impresentable que está esnaquizando o ensino público contra a inmensa maioría da sociedade. Quizais que na súa adolescencia sacaba matrícula de honor naquel fedento tema: “Formación del espíritu nacional”. Estamos de volta con este Sr. a épocas que moitos non queremos lembrar; volta á imposición, ao control da Igrexa, ao mercantilismo e que estuden os fillos dos ricos.

Estes do goberno pensan que os españois somos paspáns, babecos, carneiráns, que somos menores de idade e tragamos bardalladas duns franquistas sociolóxicos.

Cando un galego como o meu neto de tres anos xa sabe quen son esta ralea, eu síntome orgulloso dun futuro que pode rematar con estes cachifallos e coa súa ideoloxía retrógrada. Como fixo Alemaña e Italia no seu tempo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES