Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Brotes verdes

jueves, 27 de junio de 2013
Claro que nos fai falla unha ilusión, unha esperanza!. Pero polo de agora, por moito que o goberno diga que esto está mellorando, como non o notamos directa ou indirectamente, seguimos agardando que ese advenimento se vaia producindo pouco a pouco, como naturalmente se producen as evolucións nun ou noutro sentido.

O Presidente do Goberno, nas súas comparecencias públicas, non se recata en indicar que o peor xa pasou, e que estamos no bo camiño grazas á política do seu goberno. Pero todos nós, pobo que non ten ao seu alcance as fonte sinformativas privilexiadas dun gobernante, somos razoablemente escépticos coas mensaxes que nos chegan desde as alturas que nun principio afirmaban que non había crise(era, si, outro goberno), logo que era pasaxeira, despois que había brotes verdes, e agora que todo indica que as cousas van mellorar.

Se o din para tranquilizarnos, que non se esforcen, non van conseguilo. Despois de toda a que caeu, coa situación actual, cos millóns de parados, cos centos de comercios e pequenas empresas que pechan, coa desilusión xeral, non hai nada que nos tranquilice.

E pode que a cousa estea mellorando, ou que vaia mellorar algún día. Pero non imos crelo ata que o vexamos cos nosos propios ollos e pisemos firme no camiño dunha recuperación que pode tardar pero non debe porque non podemos resistir moito máis nesta situación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES