Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Actas do Congreso Manuel Luis Acuña: cuarta entrega

jueves, 27 de junio de 2013
O Concello da Pobra de Trives acaba de publicar as Actas do IV Congreso Manuel Luis Acuña. Ata o comenzo mesmo de este século este escritor era coñecido por ser autor ser autor dunha obra, o poemario "Fírgoas", que acadara tres edicions (editorial Nos 1933; La Región 1979; Xerais, 1992).

Será, precisamente, esta última editora quen, co singular "Manuel Luis Acuña", encete un século cheo ata o momento actual de reivindications cara á esta figura, por parte de destacados membros da cultura galega contemporánea. Xa que a obra literaria de este poeta se volverá a editar dúas veces máis, ao que se lle engade o consabido valor dos catro volumes de actas xa publicados.

Na vontade da organización dos congresos, de carácter trianual, decote estivo presente ofrecer novas perspectivas sobre o que representa a súa obra e o contexto no que esta se produciu.

No primeiro, celebrado en 2000, recuperouuse e deuse a coñecer a súa figura, en coincidencia con se cumprir un século do seu nacemento. No segundo tratáronse máis polo miúdo os pormenores daquel marabilloso ano para a literatura galega que foi 1933. No terceiro o sintagma que lle deu cohesión foi o da conmemoración do "ano da memoria histórica". No carto, o eixe temático era "As outras armas do franquismo 1939-2009: unha retrospetiva". E no quinto, acabado de celebrar a principios de marzo deste mesmo ano, o motivo englobante foi "Nos tempos en que Acuña era bacharel", por estas mesmas datas, hai un século na Pobra de Trives.

Dentro da xa extensa nómina de figuras da literatura galega que participaron nos congresos, é deber lembrar alguns nomes que xa non están entre nos, como é caso de Francisco Fernández del Riego, de Carlos Casares e de Marcos Valcárcel. Precisamente ao historiador ourensán realizouselle unha homenaxe no congreso do que agora ven luz as actas, da cal fican testimuños nas súas páxinas.

En relación cos contidos tratados nel, por singularizar dúas mostras, no libro edítanse dúas cartas, ata agora inéditas, dun republicano galego condenado a morte, mercé á contrución do actual presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Pola súa bamda, o xornalista Ramón Luis Acuña aborda na súa colaboración o prego de cargos que lle valeu ao seu pai a depuración profesional.

A celebración dos congresos sería imposible sen a colaboración altruista de moita xente. Entre estas persoas compre singularizar os nomes de Xosé Manuel Cid, responsábel da continuada vinculación da Facultade de Ciencias de Educación de Ourense co proxecto; e de Ramón Nicolás, o auténtico especialista na obra de Acuña, quen en cada nova entrega debulla unha parcela de análise orixinal sobre a súa obra literaria.

Polo que respeta ao lugar de nacencia do escritor, compre subliñar a implicación dos centros de ensino triveses, tanto colexio como instituto. E, dende logo, o entusiassmo co que os actuais responsábeis do equipo de goberno acollen e promoven a obra do seu esgrevio creador.

Acuña é abanderado da vizosa geración de mestres da Segunda República. A Academia Galega, nun dos próximos anos, debería propor a conmemoración das Letras Galegas na súa figura. Entre outros moitos aspectos, isto debería permitir afondar e espallar no labor dunha xeración irrepetíbel de mestres que mesmo pagou coa súa vida a entrega á formación e á modernización da sociedade galega do seu tempo, cuxos logros, nalgúns casos, ainda están sen superar.


Un poema de ML Acuña

GRIS

Nin branco nin preto.
Eso.
Sin tremores de ríos
nin badaladas de páxaros.
Sin ritmo de astros
sin estraligos de noite medoñenta.
Sin ouveo de lobos
cando o vento galga por cómaros e quebradas.
Sin salaios de arbres
cando asolagan rosas nos remuiños do solpor.
Periférico.
Sin cerne nin miola.
Chairo.
Sin apertas de curvas nin adeuses de penedías.

(Xoán Carlos Domínguez Alberte e o Coordinador dos cinco congresos e editor dos catro libros de actas).
Domínguez Alberte, Xoan Carlos
Domínguez Alberte, Xoan Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES