Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen albiscar a saída

jueves, 20 de junio de 2013
Este Goberno só coñece unha senda, a dos recortes, xa ten a tesoira sen fío de tanto usala, é coma o cabalo que lle poñen as orelleiras e logo só mira de fronte, sen ser quen de ver o que pasa ao seu arredor. Perderon xa a pouca credibilidade que lles daban os cidadáns, non son quen de tapar os verdadeiros buracos por onde se está escapando o diñeiro, mesmo parece que teñen medo de tocar os asuntos máis sensibles a pesar de que os levaban no seu programa de goberno cando se presentaron ás eleccións.

Colleron a teima de subiren os impostos e agora xa non hai quen os baixe da burra, están afogando a economía a poder de sacarlle os cartos a quen xa non ten máis que rascar do peto. Fixeron caer o consumo a niveis impensables, a exportación atópase con dificultades e o desemprego arrastra ás familias á desesperación, pero eles seguen dándolle onde máis lle doe a economía.

Non se albisca a curto prazo unha soa medida do Goberno que poña os alicerceces e incentive o comezo do crecemento. Ou se poñen firmes e traballan en prol da realidade en que nos atopamos ou vamos á deriva na escuridade da noite máis longa.

Quedamos moi poucos traballando, afrontando semellante carga fiscal que nos ten lastrados sen recursos para afrontar calquera iniciativa (a inversión está bloqueda sen que os bancos aporten cartos aos emprendedores) que comece a darlle a volta ao sistema produtivo, agora atomizado e entumecido, dificultando a posibilidade de crear riqueza, competividade e postos de traballo en definitiva.

Como vamos soster o sistema de pensións? Estamos preto de ter un pensionista por cada dous traballadores (a vida afortunadamente alóngase e as pensións tamén) e por se fose pouco con empregos máis precarios e salarios máis baixos. Se isto é sostible que veña Deus e o vexa. Non, isto non aguanta máis, a non ser que se lle poña remedio con sensatez e urxencia.

A enseñanza, a sanidade, tamén a incipiente axuda á dependencia, que vai pasar con todo un sistema que funcionaba axeitadamente e que agora se ve sometido en brutais recortes? non se dan conta señores gobernantes que xa non teñen de onde tirar máis da manta? deixen aos contribuíntes creceren e desenvolverense, pois é u último recurso que nos queda. Comecen por mirarse a vostedes mesmos, dean un anaco de exemplo que xa é hora, recoñezan os sues privilexios que tanto lles custa asumir, non se dan conta de que os cidadáns non somos tan ignorantes para non velos, máis aínda cando nos teñen coa corda ao pescozo?.

Son moitos anos de descarado enchufismo, metendo ao familiar ou ao amigo; isto aínda asi non sería tan malo se os enchufados fosen persoas conpetentes, formadas, responsables, capaces de responderen con eficacia das súas obrigas, pero non, aquí valen todos. O que menos lles importa é a capacidade do intruso, o caso é darlle poder e meterlle cartos no peto ( os cartos públicos). Non só o dano está no que percibe o inepto, senón máis índa no que non é capaz de resolver; así con esta leria os políticos (tamén moitos deles están lonxe de teren a capacidade requerida) fóronse rodeando durante moitos anos do desperdicio profesional, sumindo a administración nun verdadeiro caos, un pozo sen fondo onde se “funde” o diñeiro público dilapidado sen control cunhos resultados nefastos.

En resumo, estamos administrados por demasiados oportunistas carentes de calquera mérito profesional, vivindo da sinecura ao abeiro dos cartos públicos, metidos no choio polos políticos. Por iso os Gobernos non son quen de meterlles man e desartellar semellante cliantelismo. Fan a festa a conta dos que contribuimos honestamente. Como van “remexer” algo que eles mesmos foron creando a súa medida, en beneficio dos seus propios interes?

Mal andamos, os que “manexan” a economía asesorados por multitude de asesores (obviamente incapaces) que non dan coa sulución aos problemas que nos están levando ao abismo económico e social, pero a súa vez seguen aguantando a tempestade sen mover ficha, mantendo o mesmo tipo de ineptos, nas mesmas responsabilidades Goberno tras Goberno.

Así, de verdade que desta non saímos.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES