Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os “lobos” das autoestradas

viernes, 14 de junio de 2013
Os condutores sentímonos coaccionados polos controis das patrullas de Tráfico, que lonxe de preocupárense pola xestión adecuada da circulación aparecen agochados tras dos arbustos das autoestradas, autovías ou en calquera curruncho das estradas, igual co lobo sixiloso cando quere atrapala ovella agochado tras da toxeira.

É moi pouco habitual ver aos gardas de Tráfico cumprindo un cometido que directamente os implique na adecuada xestión da circulación: situacións de aglomeración en horas punta, en confluencias de diferentes estradas ou cando acontecen concentracións por causas puntuais.

Sen dúbida algunha, o que máis lle preocupa á Dirección Xeral de Tráfico é a recaudación intensiva ao través das multas. Perséguennos coma se fósemos delincuentes, non nos deixan ningunha marxe de maniobra, obrígannos a viaxar vixiando a velocidade permanentemente, mermando incluso a atención preferente á condución para non exceder a velocidade; obrigándonos a levar sempre activado o control automático do coche.

Non entendemos a necesidade tan rigurosa de termos que axustarnos á velocidade establecida caprichosamente, nas vías onde non existe ningún impedimento para circular con normalidade. Vemos ca maioría dos radares están postos en tramos onde non se aprecia nungún risco para a circulación, procurando descarademente atraparnos para que desembolsemos os cartos. Nestes casos, estannos saqueando os petos, quitándonos os puntos do carné da maneira maís miserable, sen xustificación de ningún tipo.

Non queremos evadirnos da responsabilidade, ao revés, a maioría dos condutores sentímonos responsables, cumprimos as normas adaptándonos ás necesidades da circulación en cada momento; só pedimos que non nos estean roubando agochados, poñéndonos “trampas” con radares ocultos nos currunchos máis inverosímiles. Xa estamos fartos de pasar por un radar fixo e vernos sorprendidos por outro tras dun parapeto unhos centos de metros máis adiante, isto non é unha “trampa”? Dígannos vostedes, os de Tráfico, onde está e necesidade de evitar riscos por circulación inadecuada nestes casos? Aquí non hai máis “historia” ca de meter cartos no saco, sen preocupárense para nada do obxecto directo de controlar o perigo alí onde de verdede existe.

O que realmente notamos en falla, son os controis aos condutores con alcoholemia, droga e aqueles que conducen de forma temeraria sen repectar as regras de circulación. Istos condutores, son os que causan verdadeiros perigos nas estradas, sen que a eles se lles controle severamente; claro que se lle dedican dende Tráfico máis tempo a este tipo de controis, mentres tanto escápanselles os cartos das multas dos que nos atrapan por imprudencias menores que en nada afectan a seguridade da circulación.
En realidade, o que perseguen en Tráfico é a recaudación fácil, da maioría que somos os que conducimos con responsabilidade e que por outra banda pagamos todas as multas.

Cansarémonos de ver os coches de Tráfico agochados, os camuflados, e os radares “trampa”, pero non nos sentiremos apoiados, por unhas patrullas que poñen o interese da recaudación por diante do servizo e da seguridade dos que viaxamos polas estradas.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES