Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas patronais

miércoles, 12 de junio de 2013
Que interesante o tema das festas populares, que nunca se ha de agotar, porque cada ano se renova.

En Saavedra, onde celebramos os Milagros, a comisión de festas citounos aos veciños un par de domingos para que pasásemos pola antiga Escola, onde estaban os organizadores, e alí entregar as nosas aportacións. O sistema é orixinal e efectivo. E de paso recibín a nova de que as festas da Ascensión, que en Ambosores, parroquia natal de meu pai, levaban décadas sen celebrarse este ano volveu a haber festa grazas á iniciativa dunha veciña, Maruja da Taberna, que se empeñou en que volvera a celebrarse.

Ven esto a conto porque en Vilalba o PSOE pediu que fose o concello o que organizase o San Ramón. Este feito dase en Lugo, onde as festas as organizan membros dos grupos políticos do concello.

Pero nada que ver unha cousa coa outra. En Lugo as festas fanse con diñeiro que procede da subasta de postos, de maneira que a comisión non ten que buscar financiación, senón que son as barracas e os postos de pulpo os que poden con todo.

A vantaxe de que sexa unha comisión independente a que organice as festas é a ilusión que unha iniciativa así conleva, variando prácticamente todos os anos os componentes da comisión (seique hai un que recunca), que han quedar “rendidos” da tarefa que se botaron enriba. E o concello aporta unha cifra importante pero outra cantidade sustanciosa tena que buscar a comisión en forma de patrocinios, aportacións particulares ou anuncios no libro das festas, do que teño que dicir que é do mellorciño que coñezo en Galicia, sendo un exemplo de cómo hai que facer as cousas para deixar quedar ben un pobo nas súas festas, e de paso recadar diñeiro para os festexos.

Hai comisión xa para organizar as festas, para as que faltan pouco máis de dous meses e hai que traballar duro para sacalas adiante. Que antes dicía que era un tema importante, que cada ano se renova, pero tamén digo que todo depende da comisión. E hai que ter moita ilusión e capacidade de traballo para botarse encima un traballo así.

Noraboa á comisión por existir, e a Vilalba por seguir disfrutando dunhas festas con tradición de séculos que seguen a ser das mellores da provincia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES