Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O cego de San Cibrao (Oración)

martes, 11 de junio de 2013
2013, velaí vai o Cego de San Cibrao
cantando polas rúas de Vilalba.
Velaí anda o Anticristo
fillo de monxa e de cura,
o seu pai non é moi listo,
a nai é muller adulta.
Veo ó mundo xa medrado
polas beiras do río Texo,
gobernan seus fillos sapos
velenosos, pezoñentos.
Anda a fornicar coas bruxas
o come terra do Demo,
sedúceas tocando a frauta
e ensinándolles o sexo.
Por veces ándache coxo,
por veces viste de negro,
caeu enriba dun toxo
cando o tiraron do ceo.
Se eu aprendese a sumar
e a multiplicar por seis
contaría mañá e tarde:
Seis por seis, por seis, por seis,
pero eu só conto cos dedos
e se o demo non me angana
rexe unha lexión de demos
en Galiza e en España.

Oración necesaria nestes tempos para
protexernos dos ladróns
que nos gobernan.

Axúdanos, Señor,
para non oír blasfemias
para non oír mentiras,
para non deixarnos enganar dos que nos gobernan.
Robustécenos fronte aos males do fascismo,
afianza os nosos muros,
afianza os muros dos pobres
dos que non teñen traballo,
dos que ninguén sente nada por eles,
dálles acubillo,
axúdalles a conseguir o pan,
a auga dos arroios,
as fontes que non secan,
pon as súas vidas fronte nun manancial de traballo,
fai do deserto das súas vidas un xardín,
fai que das árbores caia un maná eterno.
Ti, Deus meu, quita o poder e as palabras dos espíritos
destrutores,
pecha os seus beizos mentireiros,
o besbello de lume dos seus ollos,
péchalles a fortuna,
as portas da túa casa,
arrinca deles o detestable,
a corrupción, as accións culpábeis,
non lles perdoes os tormentos,
nin as fontes do loito,
que os seus ollos se apaguen na noite
para que treman e vacilen,
para que non destrúan os cimentos do mundo,
para que cese a eterna destrución dos desfavorecidos,
para que non teñan aos pobos de
España na calamidade e o
embargo, na desolación e na dor ...
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES