Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carreira de obstáculos

martes, 28 de mayo de 2013
A cidade de Lugo, ten un Goberno Municipal que vén atravesando unha chea de obstáculos, dende que comezara a xustiza a perseguir os presuntos feitos corruptos dalguhos dos seus integrantes. Ata o día de hoxe están saíndo a miúdo novas que poñen en dúbida a honorabilidade de políticos, presuntamente implicados nos actos de corrupción dos que se lles acusa.

Son xa moitos os casos contra a corrupción abertos nos xulgados de Lugo, onde veñen aparecendo case sempre os mesmos políticos. Orozco e Liñares están acotío presentes en cada un deles, o primeiro con imputacións abertas (outras xa arquivadas) por casos moi graves, o segundo no cárcere á espera de xuizo por unha morea de feitos sucios vinculados co seu paso polo Concello e pola Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Os dous políticos sofren a severa actuación da xustiza, investigando minuciosamente as súas posibles implicacións corruptas. Liñares, despois de sérenlle rexistradas xudicialmente varias das súas propiedades, ten enriba del, diferentes probas que poderían acadarlle unha condena firme cando chegue a hora do xuizo (este individuo, se son verdade os feitos dos que se lle acusa, é un verdadeiro corrupto). En canto ao Señor Orozco (igual que a Liñares) hai que respetarlle a presunción de inocencia na súa integridade, mentres se agarda que a xustiza poña á vista a realidade do acontecido; pero iso, non merma a desconfianza que temos os cidadáns nestes políticos. Xa estamos fartos de ver cada día novas acusacións de corrupción, contra políticos que gobernan o Concello baixo a sospeita permanente de teren cometidos feitos corruptos.

É primordial, que a xustiza remate os procedementos abertos contra estes políticos, polo ben deles, se de verdade son inocentes como din e tamén polo interese social que implica. Os cidadáns non podemos estar gobernados por políticos dos que dubidamos da súa honorabilidade. Temos pleno dereito a saber toda a verdade nun prazo de tempo razoable (o máis curto posible) e así poder decidir libremente e con coñecemento cando volvamos a votar.

É lamentable escoitar ao Alcalde Orozco pedindo clemencia públicamente á xuíza, por terlle, segundo el, abertas as imputacións e manter o segredo de sumario. Non lle falta razón ao Alcalde se de verdade é inocente, aínda que a nós, fáltanos por ver como remata o asunto. Con tanta acusación por diante, é moi posible que algunha ilegalidade teña ás súas costas.

Dá a sensación, de que o Alcalde Orozco, síntese acurralado polos acontecementos, sen saber moi ben por onde saír da desfeita. Xa nos contou tantas veces que é inocente, que mesmo parece que nos quere transmitir que aquí a culpa é da xuíza que investiga os supostos delitos.

O que observamos dende a cidadanía é que neste Concello de Lugo, parte dos políticos veñen facenco unha auténtica carreira de obstáculos, sen acadaren a meta onde ao final vexamos quen é o gañador, se quedan libres de sospeitas, ou se polo contrario están mergullados no lixo ata o pescozo.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES