Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moda no MIHL

viernes, 24 de mayo de 2013
Vénse de de celebrar con moito éxito o Lvcvs Moda no Museo Interactivo da Historia de Lugo, MIHL, organizado pola Deputación en colaboracióin co Concello, Fundación Tic e Centrad. Participaron na cuarta pasarela os creadores René Velasco, Inpe, Luis Areñas para M. López, Montse Arias e Tina Cortón. Na gala estiveron tamén presentes catorce artesáns, mostrando una deversidade de artigos creados por eles, bolsos, colares e vestidos de chapas entre outros.

O museo é un edificio de recente construción soterrado no Parque de Frigsa, deixando á vista sobre a superficie un anaco da estrutura por onde se accede e os cilindros de aceiro corten que lle dan unha verdadeira singularidade ao conxunto formado polo museo e o propio parque. Agochado o museo embaixo dunhas lombas artificiais, plantadas con bidueiros brancos e sementadas con céspede, o edificio dende o exterior case non se deixa ver, aínda que dalgunha maneira maniféstase a súa construción ao saíren fóra da superficie os apéndices oas que xa fixen mención. A súa integración no parque e case completa, as sendas de acceso de percorrido sinuoso por entre as lombas confírenlle un aspecto favorable entre o natural e o artificial. No seu interior o edificio mantén a singularidade que amosa por fóra, causa boa impresión ao visitante e ten a capacidade axeitada para ofrecer un bo desenvolvemento das exposicións e mesmo doutras actividades coma a que nos ocupa.

A moda levada embaixo da terra, contribúe ao desenvolvemento das inquietudes de moitas mozas e mozos que se están esforzando en saíren a diante con proxectos que alicercen o seu futuro, creando a capacidade para podelos espallar internacionalmente. Son istos rapaces que agora se están formando verdadeiros impulsures da innovación, os nosos futuros embaixadores noutros países. Levarán con eles alí a onde vaian as súas creacións pero tamén a nosa cultura, mesturándonos nun mundo xa global, atraendo á nosa terra o turismo e o recoñecemento do noso bo facer.

Merecen estes rapaces emprendedores contar coa axuda decisiva e a experiencia dos expertos en moda, das empresas vinculadas coa actividade e das administracións. Colaboracións coma esta do Concello poñendo o MIHL á disposición do acontecemento, ten un dobre mérito, por unha banda sérvelles de lanzamento aos participantes e pola outra fai ca nosa Cidade sexa aínda máis coñecida. Démoslles as grazas entón, a todos os colaboradores que levaron adiante esta gala, desexando que se abran máis portas ás novas iniciativas, coa independencia de onde veñan ou de quen as promocione.

A Cidade de Lugo e a súa provincia teñen ben demostrada a capacidade de enxeño e creación dos seus habitantes en moi diferentes ámbitos. Aquí non nos faltan escritores, poetas, pintores, escultores, actores, músicos, cantantes…, tampouco embaixadoras de moda coma Silvia Jato e Alejandra Alonso entre outros. Temos que sentirnos orgullosos dos nosos devanceiros e contemporáneos ilustres que nos esparexen a nosa cultura por todos os continentes. O longo camiño andado é a base do noso futuro, no que os nosos rapaces e rapazas serán os verdadeiros artífices.

A chaira, sempre florecente, agromando veciños ilustres en todas as facetas é agora o xerme de novos persoeiros dándolle continuidade á tradición cultural saída dun manancial rebordante de coñecemento e creatividade. Nestas novas xeracións os rapaces e repazas non se van quedar atrás, máis ben, van destacar mellorando as aportacións doutros sobranceiros xa coñecidas. Unha boa representación da Comarca Chairega témola na xoven modelo de Vilalba Beatriz Balseiro Cendán, modelo que acompañou na pasarela ao conxunto de participantes no museo MIHL, deixando ben alto o teito por onde hai que camiñar nos próximos certames de moda.

Benvidos rapazas e rapaces, sodes a flor dunha sementeira vizosa, chea de vida e fermosura, a base da innovación que tanto precisa esta sociedade para acadar un próspero futuro. Aínda que andamos mergullados nunha situación económica delicada e con moito desemprego, seguro que para vós, se seguides esforzándovos, chegaravos a gratitude polos vosos logros e teredes por diante unha longa e fructífera primavera.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES