Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis control. Máis do mesmo?

lunes, 20 de mayo de 2013
A Xunta de Galicia vén de mudar o sistema de control de entrada e saída dos empregados públicos ao seu servizo en diferentes oficinas espalladas polo País. Semella que dende a administración son coñecedores da liberdade que se toman alguhos dos seus traballadores á hora de cumpriren coas súas abrigas en canto aos horarios, polo que agora queren arranxar o problema poñendo novos sistemas de control.

Andamos sumidos nun desconcerto económico que nos está levando á creba do sistema. As empresas privadas e os autónomos xunto cos seus empregados, xa sufrimos antes cós funcionarios os severos recortes; traballamos agora máis horas, as dietas mermaron, o emprego é mais precario e os salarios máis baixos. Asumindo ademais, a perda de dereitos laborais que tantos anos nos levou acadalos. Agora o sector privado comeza a espertar, á base de esforzo e sacrificio é posible que tire da economía e do crecemento, para máis adiante posibilitar a creación de novos postos de traballo, imprescindibles neste País para cás familias poidan facerlle fronte ao consumo e o pago da vivienda, ven sexa en aluguer ou por compra, devolvéndolle aos bancos os cartos das hipotecas.

É o sector privado o único capaz de crear as condicións básicas, para co mercado laboral volva a equilibrarse coas necesidades de ocupación da poboación desempregada. É polo tanto preciso traballar todos (sectores privado e público) cun único obxectivo de levar o País a diante, unhos creando as iniciativas e os outros sendo solidarios con eles, asumindo con responsabilidade e lealdade o esforzo requerido, en beneficio de todos.
Non podemos asumir dende ningún punto de vista, que nesta difícil situación, haxa privilexios dunhos colectivos sobre os outros, que no sector privado os empregagos teñan que cumprir de forma case rigurosa o seu horario laboral, mentres cos funcionarios e o personal laboral dispiñen de moita máis flexibilidade. Ata agora parece ser que unhos fichaban por outros, tanto para entraren a traballar como para saíren, Outros ían fichar e saían pola porta decontado, mesmo os que viven cerca voltaban á súa casa resolver os seus asuntos persoais, dentro do seu horario laboral.

A media mañá vense pola rúa tomando o café ou facendo a compra polas tendas, mentres os cidadáns que temos que arranxar documentos nas administracións vémonos con demasiada frecuencia obrigados a agardar por eles cando deixan os despachos baleiros. Con que dereito poden facernos perder o tempo agardando por eles, aos que necesitmos dos seus servizos? Non somos nós os que necesitamos eses servizos quen lles pagamos? evidentemente que si, nós pagámoslles cos nosos impostos e non nos gusta ver tanta leria dos empregados públicos, evadíndose das súas obrigas.

Escóitanse pola rúa as críticas de empregados públicos ao novo sistema de control, parece que se sinten incómodos (iso da puntualidade non vai con eles) o que pon de manifesto o pouco interese que teñen en desenvolveren con eficiencia as súas obrigas laborais. Mentres se preocupan como “escabullirse”, do tempo que tardan os ordenadores en arrancar para fichar ou de cal é a maneira de non “pasar polo aro”; non sería moito máis digno para eles que se lles escoitase dicir unha soa palabra de como acadaren unha mellor produtividade laboral?. Dá a sensación de que enpregados públicos padecen dunha enfermidade xa crónica (ao resto da cidadanía, parécenos co asunto ten pouca ou case ninguna solución) cos sume nun círculo viciado do que non lles gusta saíren. Mentres haxa cartos públicos para pagarlles a sinecura eles tiran para diante, deixando de manifesto (tamén agora en época de crise) que pouco ou nada lles importa o esforzo dos contribuíntes que con tanto sacrificio pagamos os impostos para que eles cobren puntualmente ao fin de mes.

É de xustiza recoñecer, que na Xunta de Galicia, non todos os empregados incumpren de maneira sistemática as súas obrigas laborais. Sen dúbida hay traballadores públicos eficientes, con criterios de responsabilidade afrontando o seu traballo e cumprindo o seu horario laboral, aos cales hai que recoñecérllelo e retribuírllelo axeitadamente.

É tamén de xustiza, ca Xunta leve un rigusoso control, non só dos horarios, senón tamén da produtividade daqueles traballadores pouco eficientes; poñendo dende a administración, os medios técnicos e humanos que fagan posible acadar un óptimo equilibrio entre o servizo prestado e salario percibido.

Ata agora, foron varios os intentos da Xunta de controlar os horarios dos seus empregados, cunhos resultados alonxados dos criterios previstos, sen conseguir a eficiencia nos mesmos. Será este novo intento o que vaia optimizar o cumprimento necesario? Máis ben parece que non, os responsables de facelos cumprir, estarán realmente interesados en que sexa unha realidade? Non será un veo que nos poñen por diante os políticos, para poderen seguir nas mesmas, e ir tirando dos votos?
Se isto non se para, dende a Xunta estase permitindo unha estafa social, pagando por unhos servizos a unhos traballadores que non os están prestando con lealdade aos que lles estamos pagando. Os orzamentos públicos precisan dunha escrupulosa xestión, gastando os cartos con equidade e eliminando calquera malversación, aínda que sexa, polo pago dunhos salarios pouco merecidos.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES