Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falemos de débeda histórica

martes, 12 de julio de 2005
O Psoe galego non quere falar da débeda histórica que o BNG esgrime como argumento máximo para a formación do "goberno de progreso" deste País.

Este termo de "débeda histórica" parece conter agravios acumulados a través do tempo, e así se afirma por parte do BNG: Galicia ten sido peor tratado que outros territorios do Estado e, froito deste trato, hai unha diferencia acumulada a través dos anos, que a agrupación nacionalista cuantifica en 21.000 millóns de euros.

Pola súa banda, o Psoe recoñece un "déficit" con Galicia en canto ás relacións do Estado, pero sen aceptar o termo "histórico".

A fin de contas, son só palabras. Ós galegos enos o mesmo que lle chamen "Plan Galicia", e que enchan a Galicia de novas infraestructuras e promovan accións económicas variadas, que lle chamen "déficit" e se consigan similares investimentos, ou débeda histórica que se paga nunha ou varias anualidades.

Os galegos sabemos que esta nacionalidade histórica está máis atrasada ca outras máis desenvolvidas e tradicionalmente potenciadas de España.

Se todos están de acordo en que fai falla unha impulsión, ¡a por ela!. Deixen os apelativos para máis adiante, cando poidamos falar de realidades.

En tanto, fórmese o "goberno de progreso" se ha de formarse; consigan apoio de "goberno amigo" ou de goberno xusto, e póñanse a facer cousas, que nesta terra temos moita presa por ver que as obras non se paran, que non se discrimina a ninguén, e que efectivamente hai interés en que toda Galicia progrese.

Se hai débeda, que o recoñezan. E que comecen a pagala. Logo, xa iremos vendo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES