Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia no meu corazón

martes, 14 de mayo de 2013
Co gallo das Letras Galegas

GALICIA NO MEU CORAZÓN

Chegadas estas datas, cómpre dar testimuña do noso sentir, da nosa galeguidade, e amosar a gratitude a aqueles devanceiros que souperon vivir coa concencia e o orgullo de seren galegos. Vellos mestres que tiven a sorte de coñocer e que coa súa bohomía sementaron no meu corazón ise amor pola nosa fala e a nosa cultura.

Estou a falar do hoxe ilustre presidente da Academia Galega, Alonso Montero, que sendo eu un seu alumno analfabeto na fala de Rosalía, emocionoume de tal xeito que me levou a ler a moitos dos nosos clásicos. Dese xeito disfrutei da sensibilidade de Castelao, da loita de Curros e Celso Emilio, da saudade de Rosalía, do amor pola cousas pequerrechas do noso veciño Noriega, ou das inquedanzas políticas dos tamén veciños Vilar Ponte, Tobío ou o propio Pastor Díaz.

Se Alonso supuxo para mín, xa mozo, o descubrimento do amor e respeto ó noso, outros souperon manter viva a mesma lapa. Estou a falar do vello mestre Ben cho shey, cuias conversas nos nosos tempos do Centro Galego de Madrid- alí estaban tamén Borobó, Estravis, Víctor, Manolo Lombao, e algúns outros que agora non recordo, e onde descubrin o maxisterio do humilde profesor Freixedo, do que falarei despois- servíronme pra estudiar un idioma aldraxado por isa presuntuosa burguesía inculta na que nos criamos moitos. Incultos son a pesares do que pensan eles. Aldraxar a fala na que eles mesmos se expresan, moitas veces sen decatarse, e na que acougan ós seus fillos, ou sirve pra seren naturais cos seus veciños, non só é unha auténtica incomenencia, senón unha falta de respeto, que só revela a intolerancia e o fanatismo político de quen o fai. Falar galego ha ser non só unha obriga da administración, que tamén, senón un refrexo do corazón que apreixoe no seu cerne ise doce, tenro, garimoso, idioma que Deus nos deu. Escribín nunha ocasión un Homaxe á Fala que remataba así:

“Se Deus, cando fixo o Ceo,
Galicia colleu de espello,
Non sería de extrañar
que para enseña-lo amor
falara no idioma galego ”

Hoxe, unha vez máis, alonxado pola vida da Terra, recordo como o ano pasado lle preguei a Machado, aló en Couliure e pola mesma data. Pra mín Machado é un santo. Preguei pola necesidade de comprensión e por aqueles a quenes a súa ignorancia os leva polos vieros da intransixencia, e do que tanto soupo il, e que moi ben podemos comprobar coa nosa fala. Preguei por ises que sempre ven espantallos –cecais sexa o seu refrexo da auga- e negan o xeito de expresarse das crases populares, coas que conviven e as que desprezan noxentamente. ¡Si souperan o que sentimos nós!

Recordo cando nos anos sesenta, en Naseiro, Antón das Regadas, de Ourense, traguía o Catecismo do labrego, Sempre en Galiza, Longa noite de pedra e outras obras como unhas lendas, editadas pola editorial Céltiga, e que viñan gardadas nunha carpeta de gomas. Aínda as conservo. Eran tempos nos que o noso lugar na festa chamábase “Fogar de Breogán”. ¡Claro que aquelas vendas eran clandestinas e gozaban da nosa complicidade! A bandeira galega supúxonos un pequeno disgusto.

Unha boa veciña e amiga, que tamén soupo da emigración, regaloume unha lousa que di así:
“O galego que non fala
a lingoa da súa Terra
non sabe o que tén de seu,
nin é merecente dela “.

Está na entrada da miña casa.

Dicía enriba que lles falaría de Freixedo Tabarés. Sempre sentín moita admiración polos homes que creen en se mesmos e no que fan. Daí que cando tiven a sorte de coñocer a Freixedo o que máis me admirou dil foi a súa cultura- é autor, xunto coa súa Dona Fe Álvarez, dun diccionario castelán - galego, que a moitos coma mín, educados en castelán, sírvenos para descubrir verbas descoñocidas-e, sobre todo, isa humildade coa que viven os sabios. Il, no Centro Galego de Madrid, foi o artífice das clases de galego nas que moitos nos achegamos á nosa fala. Alí, entre textos dos nosos clásicos este catedrático de castelán, e que tanto ama o noso idioma, coa exigua axuda da Xunta- o que cobraba Freixedo non lle chegaba para pagar o aparcadoiro-logrou en moitos de nós sentir a fala coma quen sinte o soar da gaita en calquer lugar que se atope. Revive coma se resucitase.

Galicia tén a obriga de recoñocer o seu traballo e situalo na súa Historia. Sinto vergoña buscalo, trais tanto tempo do que lle perdín a pista.

Dito todo o anterior, que loxicamente só é un anaco do que sinto, quero dicir clariño que, aínda que escribo moito máis en castelán porque a maioría dos meus lectores son casteláns, iso non resta un chisco ao meu amor polo noso idioma, a nosa fala. Sinto o galego como o meu idioma en terras alleas e alí fago profesión do meu amor á Terra.

A xente disfrutao, resultalle agradable e prora diso cecais sexan os versos de García Lorca. ¡Qué pena sinto que haxa tanto fanático ignorante…E ¡Cántas parvadas levo escoitado! Ninguén debe rexeita_lo seu, senón respetalo e amalo. E para iso, aínda os tempos non son chegados.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES