Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ministro ten un mal irmán

martes, 14 de mayo de 2013
Enterámonos de que o ministro Wert ten un irmán. Un mal irmán.

Pode ser moi bo como profesor, e pode estar moi descontento coa nova lexislación que está a preparar o Goberno relativa ao tema das competencias do ministerio que rexe o ministro Wert, pero seu irmán debía ser algo máis cauteloso e non pronunciarse de xeito tan decidido para deixar en mal lugar a executoria de alguén da súa familia.

Poida que eso de considerar que o tema da familia é algo importante non vaia con algúns, e manifestarse pública e ostensiblemente contra a a executoria dun irmán se considere un dereito perfecto, sabendo ademais que os medios de comunicación temos o dereito e o deber de facer fincapé nesa relación á hora de informar sobre estas controversias.

E sen embargo está mal que o irmán do Ministro Wert, o segundo Wert, se aproveite da súa relación co Ministro. Porque se non fose seu irmán sería un de tantos profesores que se opoñen á nova Lei, que tivo a ocorrencia de dar clase na rúa, pero non sería noticia porque sería un “nome común”, pero neste caso é un “nome propio”.

Pode que o Ministro Wert coxee no seu traballo, pero eso o tempo e os resultados o dirán. Mais seu irmán, que disfrutou dunhas horas de gloria gracias ao parentesco, vense de cubrir dunha sustancia que todos podemos imaxinar polo que non fai falla mencionala.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania