Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un “choio”, en tren é mellor

martes, 14 de mayo de 2013
Iso de prescindir do coche é o recurso sinxelo para xustificar a boa administración dos cartos públicos, cando quen o fai ao mellor non ten nada máis importante que aportar á sociedade, moitos políticos viñeron anunciando con música de rock que se desprendían dos coches oficiais para non gastar importantes cantidades en algo notoriamente innecesario (non son só os coches, senón tamén o que levan implícito, combustible, impostos, mantemento, pero sobre todo os condutores) por suposto que non lles faltaba razón porque dispoñían de máis coches dos necesarios e por riba coches carísimos (acordánse vostedes daquel Audi estratosférico do señor Turiño?) luxos que non podemos pagar e que nin tan sequera son precisos.

Unha cousa é a seguridade da persoa que viaxa nises coches, sempre necesaria pero en xusta medida cos riscos que pode correr nun intre determinado, porén o capricho, o luxo desmesurado e a vaidade non temos porque pagárllela. Eu mesmo vin moitas veces como no concello de A Coruña os condutores andaban a pasar o tempo arredor dos coches en María Pita, agardando que os “señoritos” apareceran para facer a viaxe a non sei onde; e digo este exemplo pero podería dicir moitos máis.

Visto así, o asunto é polémico sen dúbida, sobran coches e moitos, pero sen embargo está claro que coches oficiais ten que habelos, os xustos, imprescindibles e axeitados ás necesidades oficiais ás que teñen que dar servizo (ben sabido é o uso indiscriminado que lles dan, ás veces en actos privados que nada teñen que ver co exercicio responsable dos que os utilizan) sen andar dando roda polas estradas en viaxes co obxecto de cobrar dietas, procurando cantas máis mellor.

O último en dar a nota foi o novo Presidente da Real Academia Galega, o máis importante que nos ten contado é que el é un “choio”, di el que nos vai aforrar non sei canto prescindindo do coche oficial e viaxando en tren (ben, pois témosllo que agradecer e moito se é realmente así) aínda que seguro que aló a onde vai ir ao mellor non sempre se achega o tren.

O que non nos di o Señor Presidente é canto vai gastar en taxis para viaxar dende a estación do tren ata u seu destino, aínda máis importante: cantas horas máis lle vai levar cada viaxe e quen as paga, pois é de supoñer que implicarán máis dietas e merma no seu tempo útil para acometer a súa labor na Academia. Sendo así, está vostede seguro de que é un “choio” para nós? Eu máis ben diría que non, que as prioridades son outras. A súa prezada labor ao servizo da encomenda asumida parece prioritaria.

Déixese de lerias. O verdadeiro “choio”, créame non é ese (mire, “choio”, “choio”, vostede non vai ser) a súa obriga fundamental elle outra: dirixir a Academia con respecto aos demais, con eficiencia e sometemento á realidade social que agora vivimos. O máis fácil elle a crítica aos devanceiros, o máis difícil, facer as cousas mellor ca eles e logo ao remate poder recibir a gratitude e o recoñecemento ben merecidos, aínda que veñan dos antagonistas.

Fraco favor nos fan quen nos venden “baratijas” tentando tapar a súa incapacidade ao fronte das súas competencias (quen o fai, pon de manifesto a súa ineptitude, a súa falta de proxectos, ideas e capacidade para desenvolvelos) Na política son sempre os mesmos repartíndose o doce, pero cando a un lle toca asumir a responsabilidade, xustifícase diante dos cidadáns con febleza acusando ao adversario cos trapos sucios dos seus erros; pero se aquí non se libra ninguén, como se atreven a sacar o lixo cheirento, cando eles mesmos adoecen do mesmo mal? Estamos fartos de escoitar “o ti máis” sen que nos aporten nada positivo.

O que faltaba, que agora isto se estenda tamén noutros ámbitos fóra da desastrosa caste política. Non o quero crer.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES