Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Revolto de chourizos

viernes, 10 de mayo de 2013
As novas dos últimos días véñennos contando as fazañas dos políticos ourensáns celebrando a saída do lixo con alcohol pagado cos cartos dos cidadáns, primeiro dician que non tiñan que pedir perdón por nada, agora saíu o Alcalde con Pachi recoñecendo o erro e pidindo perdón. Dixo que se fai falta devolve os cartos, que total para douscentos euros non hai que darlle tanta importancia (xa está tardando en devolvelos, moitas familias non teñen nin tan sequera isos cartos para comer). É vergoñento o descaro dos políticos, para eles todo lles parecen miudeces; pois non, quen malgasta os cartos públicos non é digno de representarnos, independentemente de que sexan moitos ou poucos (comezase por pouco…).

Cos cartos públicos do Concello de Ourense fixéronlle o favor en forma de préstamo a un funcionario do Concello, amparándose en que foi unha achega humanitaria; visto así, non sería nada reprochable se non fose porque según aparece nas novas o beneficiario necesitábaos para devolverllos ao Concello porque antes supostamente apropiouse deles. Os cartos públicos non están para resolverlle os problemas a quen obra ilícitamente.

Hai un fedento cheiro estendido entre os cidadáns da pé, vindeiro dende gobernantes a altos cargos nomeados por eles que xa resulta horripilante. O máis preocupante é que por riba xustifícanse, o que deixa claro que para eles o que menos lles importa é a ética, a legalidade ou a responsabilidade dos seus feitos.

É triste e preocupante ver cada día novas acusacións a políticos por feitos corruptos utilizando o poder e os cartos públicos en beneficio propio ou dos seus acólitos. Frecuentes rexistros xudiciais en administración públicas (algunhas xa teñen varias no seu haber) por seren sospeitosas de actuacións ilegais, están minando aínda máis a pouca credibilidade dos cidadáns nos seus gobernantes. Dixo Orozco o alcalde de Lugo aconsellándolle a Pachi que unha retirada a tempo podía ser unha vitoria, seguro que non lle faltaba razón: cantos desexarían terse ido a tempo antes de que os seus trapos sucios saíran á luz? liberándose da acusación dos seus antagonistas ou da Xustiza ( tamén el se pode aplicar o conto) evitando danar aos que desenvolven a súa labor con honestidade.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES