Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O precio dos carburantes

jueves, 07 de julio de 2005
Non é un problema exclusivamente galego, senón mundial. Pero é un problema galego.

Os políticos non están abordando o tema do precio dos combustibles, especialmente dos carburantes, como se merece. E, polo tanto, os medios informativos tampouco abordamos crudamente un problema que está sendo planteado do xeito máis brutal.

Cando o barril de petróleo se cotizaba a pouco máis dos vinte dólares, a crenza xeneral era que os gobernos se estaban pasando aplicando gravames para recaudar directamente impostos moi sustanciosos. Agora que o barril duplicou os seus precios, a Facenda pública está a facer o seu agosto xa que de xaneiro a xuño percibiu en España 313 millóns de euros máis, que equivalen a 50.000 millóns das antigas pesetas.

Ben está que a Facenda perciba ingresos do xeito máis doado, pero está moi mal este abuso sobre os consumidores finais que ven subir de xeito imparable o precio dos carburantes.

As subidas, astronómicas, van sendo asumidas paulatinamente polos usuarios. As subidas non se reflicten no índice de precios ó consumo, ou non se reflicten do xeito que deberan.

E, mentras tanto, silencio por parte dos gobernos. Silencio por parte dos investigadores sobre motores que utilicen combustibles alternativos de posible producción propia, como alcoholes ou -xa non digamos- auga.

O que parece unha marcha imparable, á que nos sometemos cun fatalismo impropio deste tempo e dunha democracia, é un pozo sen fondo pero tamén unha amenaza contínua que alguén deberá preocuparse en ir solucionando.

O precio da gasolina é un abuso, un imposible. Para os gobernos, comodísimo. Para os que calculan o I.P.C. un obstáculo molesto pero matemáticamente salvable. Para os automobilistas, un insulto.

E, mentras tanto, ímola virando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES