Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falemos da pobreza

viernes, 10 de mayo de 2013
As proporcións ás que chegou o paro e a súa permanencia no tempo, que xa o fan estrutural, superan o que sería un simple dato estatístico para internarse na súa condición cualitativa da pobreza. Disto é do que hai que falar para decatarnos das consecuencias reais do paro. Unha poboación que empobrece significa que esmorece a súa saude, a súa educación, a súa cultura, as súas motivacións, que se desartella socialmente, se desestrutura e incapacita. A pobreza, polo demais, na súa continuidade rexenérase a si mesma, co perigo de facerse irreversible. Efectivamente, de familias pobres, xurden fillos pobres que a súa vez forman outros fogares pobres. Os fogares pobres propician barrios de pobreza, con vivendas pobres, tendas pobres, infrestruturas pobres, servizos pobres, ambientes pobres. As zonas de pobreza cobren, entón, grande parte do territorio no que por falta de recursos pechan cantidade de negocios e por carencia de perspectivas non acoden empresas ou industrias importantes, profesionais cualificados, emprendedores, investigadores, intelectuais, artistas, etc, porque a riqueza que comportan busca lugares atractivos nos que puídan desenvolver as súas potencialidades nos seus diferentes aspectos.

Galiza xunto con Castilla-La Mancha, Extremadura e Andalucía forman o cuarteto da grande pobreza estatal. Temos un país de xubilados onde a maioría cobra menos que os do resto das autonomías, fogares con todos os seus membros sen emprego, mozos que emigran, parados que xa non cobran nada, traballadores con salarios de miseria. Unha pobreza que sobrevive como pode, nalgúns casos na indixencia e noutros na precariedade, recorrendo á beneficencia, ao débil apoio familiar, a solidariedade humana, a subterfuxios de todo tipo, cando non a respostas desesperadas.

Todos, polo mero feito de vivir temos o dereito a unha existencia digna. Pero uns poucos apoderáronse da existencia doutros moitos aos que o único futuro que lles deixan é unha sobrevivencia indigna.

A crise superarase, paciencia din, pero pode que sexa demasiado tarde. Un doente a quen se lle atende rápido pódese curar, pero se se tarda e faise cando o corpo xa está invadido pola enfermidade, os tratamentos no mellor dos casos xa non poden ter a efectividade desexada e no peor resultar inútiles. Estaremos xa nesta situación?

Cando un pobo atravesa a liña vermella da pobreza a recuperación é moi complicada. Din que Galiza acadaría o nivel da renda media española o ano 2075, é dicir nunca.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES