Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Palabra de Ministra

miércoles, 08 de mayo de 2013
Cando alguén accede a un cargo de tanta relevancia como a titularidade dun Ministerio debería ter unha innata capacidade de raciocinio para non dicir obviedades ou – o que é peor- ofensas aos menos dotados para a resposta.

A ministra Bañez non parece estar dotada de esa capacidade de raciocinio, e por eso non concede importancia a que os rapaces españoles teñan que saír ao exterior para buscar un posto de traballo, cando o paro dos novos supera o cincuenta por cento en España e anda preto en Galicia.

Para a Ministra, que os rapaces teñan que emigrar á forza, chámase “mobilidade exterior”, e parécelle o máis normal do mundo como búsqueda de oportunidades laborais.

As palabras da Ministra están na onda dos que opinaban que a emigración galega debíase ao desexo de aventura dos nosos traballadores, cando en verdade saían “á ventura” e por necesidade extrema para poder subsistir.

Os nosos labregos tiñan os bitillos (bozais, en fin) para que as vacas que traballaban as terras non aproveitaran para pacer calquera excelencia herbácea do contorno. Debera haber, agora que tanto se mellora nos dispositivos electrónicos, uns bitillos tecnolóxicos que impediran ás autoridades incompetentes pronunciarse sobre temas que non coñecen ou non queren entender.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES