Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A desfeita nacional

miércoles, 08 de mayo de 2013
Cada amencer espertamos coa xa triste nova de que o desemprego o día anterior creceu aínda máis, todos temos familiares ou coñecidos que están sen traballo. A desastrosa situación económica na que nos atopamos está deixando sen os mínimos recursos de subsistencia a unha gran cantidade de familias, a pobreza non diferencia ás clases sociais, está engulindo unha parte de clase media e amordazando á clase traballadora (a que xa nin sequera pode trabalar porque o traballo é cada día máis escaso) lonxe de verse unha posible recuperación económica, só coa excepción da prima de risco todos os indicadores son negativos.

O declive ven de longo, causado pola febleza do Goberno do señor Zapatero e parte dos dezanove autonómicos, mentres o país crecía o diñeiro ía parar en boa parte ás subvencións aos sindicatos, partidos políticos, empresas, e un sinfín de asociacións moitas delas próximas aos diferentes Gobernos. Outra parte enorme de recursos foi para financiar centos de empresas públicas que na súa maior parte sistemáticamente viñeron producindo déficit nas súas contas de explotación, sen que estas aportaran nada positivo á economía. Inversións multimillonarias en infraestruturas, equipamentos e outras que non teñen ninguna utilidade social, consumiron cantidades inxentes de diñeiro que agora non retorna á economía, pero teñen un alto custo de mentemento. Creación desmesurada de postos para personal de confianza dos políticos, metendo a dedo aos seus amigos, carentes da capacidade formativa para desenvolveren as súas competencias; dilapidaron continuamente en coches, móbiles, dietas… e multitude de “inventos”. Todo isto, máis o Plan E, os catrocentos euros, e outros gastos arbitrarios sen retorno propiciaron un crecemento no déficit ata unhas cifras desorbitadas, elevando a débeda pública ata un oitenta por cento do produto interior bruto, situando ao país ao bordo da creba e do rescate.

O diñeiro fluía vía impostos das empresas, autónomos e traballadores cando a economía estaba crecendo a un dous e medio ou un tres por cento, os orzamentos mal consignados gastábanse libremente; os bancos e caixas prestaban o diñeiro para financiar ao sector inmobiliario sen o debido control e garantía de devolución quecendo a economía e producindo na sosiedade un desbordamento no lecer e no consumo. Esta situación pronto tocou teito, sen base consolidada e con grandes inversións públicas e privadas sen pagar (hipotecas a longuísimo prazo concedidas sobre bens supravalorados) comezou por rebentar a “burbulla” inmobiliaria arrastrando a economía a un buraco que a día de hoxe aínda non acadou o fondo.

Co novo Goberno comezaron as primeiras medidas para frear semellante desfeita económica, todas elas alicerzadas nos recortes, na liberalización laboral e na errónea subida de impostos, baixo as premisas de Europa e da señora Merkel. Ata agora só conseguíu moderar a prima de risco, sen parar a sangría do desemprego que segue crecendo, situando ás fimilias que o sofren ao borde do abismo.

Este Goberno ten pendente entre outras medidas o axuste do sector público, a máis delicada pero imprescindible reforma. Un sector sobredimensionado, mal organizado e pouco eficiente; hai que adaptar, restrinxir o número de “enchufados” nos postos de libre designación e no personal laboral á realidade da necesidade actual de aportación de servizos. Reorganizar o funcionariado e optimizar a súa eficiencia, devolverlle as responsabilidades que foron desprazadas para os “asesores amiguetes” dos políticos, moitos deles verdadeiros ineptos cobrando cantidades disparatadas por unha labor carente de resultados positivos. Reestruturar as competencias das diferentes Autonomías, crear a capacidade de control decisivo do Goberno central sobre as Autonomías, evitar calquera duplicidade na prestación de servizos e mesmo recuperar aquelas competencias de ámbito estatal nas que as autonomías normativizan libremente, provocando fortes desigualdades sociais dentro do territorio nacional.

Este Goberno ten que controlar a enorme bolsa de fraude fiscal localizada en grandes fortunas, en empresas e autónomos que están mermando a capacidade de recaudación fiscal, en prexuízo do conxunto de contribuíntes e da economía. Incentivar ao conxunto de emprendedores, investigadores e empresas innovadores, abaratar os custos laborais, minorar as cargas por Seguridade Social, equilibrar a carga fiscal coa capacidade de desenvolvemento e crecemento económicos empresariais; reducir a excesiva normativa que está bloqueando a normal evolución de calquera iniciativa privada, invertir en sectores de primeira necesidade…facilitar que empresarios e autónomos (os verdadeiros creadores de postos de traballo) tomen as rendas nesta incipiente saída da crise.

Estamos moi alonxados da recuperación económica, posiblemente en tres ou cinco anos o crecemento comece a dar os primeiros resultados e o emprego estea na saída á recuperación, será un proceso longo, complexo e moi duro. Polo camiño quedarán posiblemente a metade dos máis de seis millóns de parados sen a oportunidade de poderen atopar un posto de traballo, afectando maioritariamente aos maiores e aos menos formados, sumindos nunha dificilísima situación de subsistencia. Parece evidente que pasado este periodo de crise na economía nada vai voltar a ser coma agora, a deriva económica deixará desartellados sectores antes estratéxicos coma a construción; a industria xa residual, necesitará unha profunda reestruturación orientándose a novos retos para competir nos mercados. Un duro proceso que requirirá moito tempo, innovación, inversión, xestión axeitada dos escasos recursos, alta formación dos traballadores, salarios equilibrados, responsabilidade e moito esforzo de todos.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES