Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outra vez, Sr. portavoz do Senado

martes, 07 de mayo de 2013
Amólame en grado sumo ler os discursos do bufón Portavoz do PP no Senado que cualifica aos galegos de listos porque lle votaron por maioría ao Partido Popular en Galiza. Pero a min oféndeme porque o adxectivo “listos”
que emprega este señor tamén ten os seus antónimos. É dicir: que os que non somos listos non lle votamos ao Partido Popular, así que este señor está empregando os antónimos e estame chamando parvo, torpe, idiota, estúpido, necio, simplón, etc, Que se pode esperar dun individuo que di que "castigarán,excomungarán, escarmentarán, martirizarán, atormentarán, azoutarán, e unha chea de sinónimos máis, politicamente a quen cometeu
esa ignominia", é dicir esa afronta, vergonza, cochada, infamia, humillación, vilipendio, deshonra, etc, para tratar de desprestixiar ao Presidente da Xunta de Galiza que os propios cidadáns elixiron democraticamente
nas urnas "fai poucos meses". O que a xente ten en mente é ese refrán de “Dime con quen andas e direiche quen es” , e en favor da xustiza e da nobreza, o Presidente da Xunta de Galicia debe dimitir, porque ninguén
se fía deste home cuxos antecedentes fannos dubidar si é unha persoa
tan honrada como o Portavoz do Senado di.

Algo parecido dixo o señor Rajoy cando desde Madrid lle berraba ao presidente da Comunidade Valenciana dicindo ¡Pacooo, estamos contigo,
Pacooo!, e o tal Paco era un corrupto como se está demostrando, “Deus dáos e eles xúntanse” . En canto aos outros títulos ou bufonadas, farsas e chacotas, o Portavoz do Senado, que posiblemente aspire a Director Xeral de Tráfico, ministro do gremio ou cando se xubile montar unha autoescola, empeza dándonos consellos para cruzar as rúas dicindo que os galegos "son moi listos" e, como tales, saben "apartarse dos coches". Por iso, recalcou que nesta ocasión tamén se van apartar dese coche e vanse
subir ao autobús que conduce Feijóo". Só lle falta dicir que os corruptos, os que non ceden un céntimo para a crise, os que empregan varias secretarias para adornar os seus despachos no canto de comprar uns ramos de rosas, son tipos que se teñen que sentir prosaicamente adulados, é dicir, tipos dunha peza como nas traxedias. Estes tipos non se lles ve sufrir nin unha soa vez, son como monecos, bos tipos melosos sen un arume de verdade e de grandeza que viven a traxedia do país rodeados de Fantines, inexpugnábeis e inatacábeis que me exasperan como ese libro titulado
Os miserables do que está prohibido dicir nada malo.

Tamén dixo que no Partido Popular hai xente decente e iso é verdade, sobre todo nas bases, pero vostede non o é Señor Portavoz porque no é indecente só o que é corrupto ou o que rouba, tamén o é o que engana, o que minte
reiteradamente, a min vostede mentiume en dúas ocasións e fíxome dano.

Non sei si a vostede debía calumnialo do mesmo xeito que calumnio aos que producen a miseria. Fala vostede algunha vez da empresa que despide a unha traballadora porque caeu embarazada? Crítica vostede algunha vez os disparates dos representantes da crápula católica que din que hai que defender a vida até dun neno que vai nacer sen cerebro?

Non cre vostede que defender a vida é defender o dereito ao traballo e
dar para comer ao famento, aos homes e ás mulleres en paro e aos seus fillos? Nin se lle oe a vostede nin aos curas, señor Portavoz. Vostede ao único que vai aos foros é a mentir, a prometer o que sabe que non vai cumprir, así ten a tanta xente decepcionada. Se fai uns días falaba vostede de astronomía referíndose aos buracos negros, agora tamén di que as estafas son un deporte. Non me estraña visto o visto e o ben que practican ese deporte aqueles que vostede e todos sabemos, e fálanos da fórmula un afirmando “que as subordinadas e as preferentes son un instrumento válido nos mercados, pero "nunca" terían que ofrecerse a cidadáns da rúa sen coñecementos suficientes sobre a materia” . "Eu teño carné de conducir, pero si collo un coche fórmula un non saberei conducilo", explicou a modo de comparación, ao entender que as preferentes non están ao alcance
de calquera persoa. Miúdo disparate, aínda que vindo de vostede non me estraña, este materialismo indígname cáusame ataques de ira ao ler as súas bromas. Logo dos realistas, tivemos aos naturalistas e aos impresionistas e agora témolo a vostede, señor Portavoz do Senado, temos
aos farsantes que calquera día nos contan que descubriron o Mediterráneo.

Desde un punto de vista platónico, que relación hai entre conducir un
coche fórmula un e acudir a que te estafen nun banco? Antes, para pedir un crédito pedíanche avalistas, bens, o DNI, etc, agora tamén hai que presentar o carné de conducir un Ferrari? Entón ten razón, as preferentes non están ao alcance de calquera persoa, porque aos que conducen un coche fórmula un non os estafan, só estafan aos aforradores, aos pobres aos obreiros e aos que conducen un tractor. Que coche conduce vostede señor Portavoz, porque co soldo que gaña?

Para terminar eu estou con quen avogue porque desapareza o Senado, pois dese xeito diminúe o número de mediocres que de entrada dan pena, que obrigan a encollerse de ombreiros e cargan ao país dun gasto inútil.
Pasemos páxina e imos sorprendernos.
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES