Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De adxectivos e substantivos

jueves, 02 de mayo de 2013
A virtude das persoas que gozan dunha grande sensibilidade tamén é un problema para elas. Para quen o coñeza Beiras é unha persoa moi sensible. É certo que todos temos o noso corazón, pero uns máis que outros, e algúns como un témpano pois se non non se entendería a fría e maledicente actitude de Feijoo no Parlamento galego diante das acusacións de amizade cun dos mafiosos máis significativos de Galiza,con divertimentos incluídos entre ambos os dous.

Por outra parte a sensibilidade ten moito que ver cos sentimentos que cando son alterados poden provocar reaccións incontroladas e levar a dramas personais como nalgún momento da súa vida aconteceulle ao propio Beiras.

A sensibilidade, polo tanto, produce tamén sufrimento esa é a súa parte problemática, a súa virtude é o gran sentido de humanidade que aporta. Logo o caracter persoal, algo natural e intransferible, fai o demais.
Beiras, sentado no seu escano escoita as seguintes palabras dende a tribuna de oradores por parte de Feijoo dirixíndose ao sr. Jorquera: “só lle queda facer dúas cousas, ou sacar o zapato, ou emocionarse tanto para ver se imita tanto ao que non asume estas cuestións”. Polo tanto Beiras é o que foi insultado de primeiro, aludindo ao máis íntimo dunha persoa, as emocións. O enfado é tamén característico duns sentimentos feridos, neste caso por alusións tan mesquiñas, que provocaron que o Beiras, non estando para formalismos protocolarios, baixase ata a tribuna e espetáralle ao Feijoo “vostede é indigno de ser presidente”, á vez que acompañaba a palabra cun palmetazo na mesa oratoria nunha expresión de lóxico enoxo.

Este feito singular, tremendamente humano por quen se ve gravemente vilipendiado, quere ser utilizado por un ninguén apelidado Feijoo, co seu anodino coro de anxos, para desprestixiar a Beiras, quen a súa idade é un exemplo para os galegos de ben, de decencia persoal, de amor a Galiza e compromiso co seu pobo máis asoballado. Por algo será, o complexo de inferioridade daquel diante o pianista da Sorbona, desbórdalle de tal xeito que ten que recorrer a semellante anécdota de irregularidade formal parlamentaria para facelo.

Pero diante o adxectivo do palmetazo dun deputado, está o substantivo do amigazo Dorado dun presidente da Xunta de Galiza. Iso é o realmente importante e do que hai que falar sen parar ata que tal indignidade sexa resarcida.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES