Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un sistema subvencionado viciado

jueves, 02 de mayo de 2013
Sistemáticamente dende as administracións vénselles dando subvencións aos diferentes sectores produtivos, empresas e autónomos, traballadores do campo, agricultores, gandeiros… tamén aos sindicatos, partidos políticos e diversidade de asociacións moitas delas con fins de dudosa utilidade. Diñeiro recaudado de todos os contribuíntes mediante os impostos, que logo vai parar en beneficio dunhos poucos.

Ben sabido é que moitas empresas receptoras de millonarias subvencións para desenvolver proxectos determinados, gastaron o diñeiro e a curto ou medio prazo deixaron de ser viables, xerando débedas cos acredores e traballadores, provocando eres ou despidos masivos traumáticos para os seus empregados. Outras pasaron por concursos de acredores con quitas moi cuantiosas producindo importantes danos na solvencia dos acredores, mesmo producíndolles o seu peche. Non faltaron tampouco aquelas que dilapidaron o diñeiro en fins alleos a súa actividade pasando logo a liquidación por creba.

Multitude de pequenos negocios abertos ao abeiro do diñeiro achegado dende as autonomías, co obxecto de crear postos de traballo, moitas veces para as capas sociais máis desfavorecidas, tiveron unha curta vida activa. Desaparecendo sen cumprir os obxectivos requeridos á hora de seren concedidas as axudas, sen deixar rastro dos cartos recibidos e producindo importantes débedas danando a empregados e acredores. Neste grupo hai que ter presente unha importante cantidade de negocios subvencionados a inmigrantes que lonxe de seren efectivos na actividade obxectiva, dilapidaron os cartos ou leváronos para os seus países de orixe prodicindo unha estafa social.

Agricultores e gandeiros sempre sometidos a loitar con prezos mesmo por debaixo dos custos de produción, asumindo importantes retos para adaptar as súas explotacións asumindo grandes inversións pouco produtivas. Viñeron recibindo subvencións para diferentes obxectivos, sen conseguir unha mellora axeitada e competitiva nas súas producións; moitos deles obrigados ao peche das explotacións con débedas e insolvencias.

Máis do mesmo pasou no resto de subvencionados, o diñeiro recibido non sempre foi parar aos fins previstos e quedaron lonxe de acadaren os obxectivos en teoría proxectados.

O sistema xa tradicional de subvencións é claramente insolidario e ineficaz, produce unha sangría nos contribuíntes que con moito esforzo pagan os impostos, crea un forte descontento e rechazo sociais, sabedores de que ese diñeiro moitas veces vai encher os petos de estafadores que mesmo falsifican os expedientes para conseguilo. Á vista está que pasados os anos os resultados obtidos coas subvencións son máis ben escasos, deixando tras de si un montón de auténticas estafas fomentando a corrupción, non sempre perseguidas pola xustiza.

É urxente que os políticos se poñan a traballar neste asunto, restrinxindo, controlando ou mesmo eliminando as subvencións. A economía xa non pode soportar tanto dilapidador de diñeiro público prodedente dos nosos impostos.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES