Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta a Rouco Varela

martes, 30 de abril de 2013
CARTA ABERTA A ANTONIO MARÍA ROUCO VARELA

Sr. Cardeal:

a miña terra é a súa terra, Vilalba, Lugo. A miña nai, cando era pícara,
xogaba con vostede na tenda que os seus pais rexentaban na vila e o meu pai xogaba cos seus irmáns, pois vostede foise pronto para o seminario e non se lle vía. Din que vostede está moi ocupado pensando no aborto e nos homosexuais, até condena ao lume eterno a unha muller doente que
quere abortar un feto dunhas semanas porque os médicos lle dixeron que
ía nacer sen cerebro. Creo, Sr. Cardeal que vostede debería ser máis
contemplativo, pasar máis tempo na súa igrexa, rezando, falando cos místicos, esquecéndose da política, pois a Igrexa existe de fai máis de 2000 anos e non o necesita tanto a vostede para que non se derrube, pois non se derrubará.

Deus, que se instalou no universo, está vixiante e a igrexa, con vostede e sen vostede, estará aquí durante miles de anos máis, talvez mentres dure o mundo, o universo, a vida. Fale vostede con Deus, mire arriba e talvez
o vexa nese prado de verduras esmaltado; non fale vostede tanto cos
medios de comunicación nin cos políticos, nin dos políticos, nin se meta no que non lle importa, fale vostede máis de Deus, que saibamos todos que lle fala, que o coñece. Si vostede é unha folla, Deus será o vento, déixese arrastrar polo vento que o levará ao ceo até diante da casa do Señor; voe, viaxe, siga ao cervo polos vales, polos montes e ribeiras, espida
o corazón, non colla as flores. No camiño do ceo hai un fito, unha venda
onde Deus ás veces se hospeda para ver camiñar aos peregrinos no seu camiño ao edén.

Sexa vostede un peregrino, Deus a todos míranos igual cos seus ollos, confúndase entre a xente; Deus anda ao seu carón pola rúa, anda ao meu
carón pola rúa, aínda que non o vexamos andar, pero está aí no espazo aberto sobre o chan, na mirada daquel neno, nos ollos daquel neno. Ás veces eu o busco e Deus é ido, búscoo na miña aldea e me pregunto
Estará nela?, pero é que Deus está en todas partes, búsqueo en todas partes, levante unha pedra e Deus estará debaixo da pedra; búsqueo na casa dos pobres, no home só, á sombra dunha árbore, nos carros dos froitos dos pobres; non lle ofreza flores porque pensará que vostede goza de todos os deleites, contentamentos e gustos que lle pode ofrecer a vida.

Busque a súa beleza nos campos incultos dos pobres. Viva en Deus como a auga na fonte, como o paxaro no seu niño, como o peixe vive na auga; viva nel, non o deixe nunca a soas, Deus non o deixará, nin ante a morte o deixará a soas como tampouco deixará a esa nai que quere abortar o seu fillo que lle vai nacer sen cerebro, e si Deus está, que importa nada, que importa o final; o seu amor non se consome, agraciado no alma é auga viva, é un torrente eterno da fonte que corre suave. Eu algún día estarei nese oasis a onde van os nenos, porque eu, Sr. Cardeal, ás veces son un neno
e algún día alí serei flor silvestre ou un caravel, alí onde Deus me acollerá no seu seo, a onde irei lixeiro, pero torpe, a onde irei sen nada; serei folla caída entre mil follas, unha folla murcha, morta, torpe que levará a súa fe, a chave da súa casa.

Talvez deixei o meu estado de principiante e estou entrando en noite escura a un estado de proveito, ao dos contemplativos, pero aquí a vostede non o
vexo, claro, vostede é Deus, vostede é perfecto, divino, vostede chegou á divina unión da alma con Deus. Talvez esta noite é moi escura e xa non entran tantas almas; moitas, fervorosas e dilixentes é mellor que non entren, vostede sábeo.

Sr Cardeal, cando lle oio falar asústome, faime temer e acórdome daqueles
versos de San Xoán da Cruz que din: “nin temerei as feras/” e pasarei por fortes e fronteiras”. E xa sabe que polas “feras” entende o mundo, polos “fortes” o demo e polas “fronteiras” a carne, e vostede coa súa raposada
preséntase na miña imaxinación como unha “fera” que me ha faltar o favor do mundo, carecer de todos os agasallos del, e a outra é que se han de levantar ante min as lagoas, as paredes que antepoñen, que illan téndome, como a outras moitas persoas que vostede despreza, téndome por pouco como xa me demostrou.

Que Deus o bendiga.
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES