Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mendigalia

martes, 23 de abril de 2013
Que horror!, aonde chegamos, unha denominada feira á que acoden 40 entidades que ofrecen un emprego cada unha. É dicir 40 empregos en total que fan que ao seu arredor se xunten nada menos que 15.000 persoas, e posiblemente máis. Lémbrame unha furgoneta repartindo pan a milleiros de persoas que xa non lles queda nada para subsistir.

Este denigrante espectáculo organizado por unhas institucións vergonzosas, converten aos parados en mendigos. Esa é a realidade diante eventos como este. Xa non se pode falar de paro laboral se non de mendicidade laboral. A Xunta con estas iniciativas insulta aos traballadores que sen culpa ningunha se encontran no paro, obrigándoos a que nas súas situacións desesperadas teñan que recorrer ás migallas que lles botan aqueles que se prestan a tamaño desatino.

Lémbrame aquela película de “Danzad, danzad malditos”, cando nos anos 30 da depresión nortemericana, milleiros de parados acudían a concursos nunhas salas, para bailar ata extenuación co obxecto de conseguir uns dólares a parella que máis aguantase.

Empregalia, mendigalia, triste espectáculo propio do terceiro mundo no que con estas actuacións nos aproximamos a pasos axigantados, onde a desesperación de tantos que xa non atopan futuro fainos facer o que sexa aínda que saiban que o que lle ofertan e unha burla.

Como no título da película, tamén na entrada de Empregalia debería de pendurarse un cartel que dixese: “Solicitad, solicitad malditos” .
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES