Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O amargo sabor da cebola

martes, 23 de abril de 2013
Andabamos esgotando os últimos anos do século vinte, ao comezo da década dos noventa aínda mergullados nunha crise que deixara a economía esvaída, soportabamos como podiamos as desfeitas dun sistema de goberno frouxo, desorientado e por se fose pouco enfermo de morte polas aventuras corruptas dalguhos dos seus máis altos representantes. Os cidadáns na súa maior parte xa cansos de aguantar a estafa social, á que nos arrastraba o sistema controlado pola embrolla socialista que desmembraba cada día unha economía xa residual naqueles intres.

Agardabamos coma auga de maio un cambio na política esgotada sen rumbo que tantos anos gobernara o noso país, cun resultado desastroso en moitos ámbitos. Aquela etapa dun goberno desleal, corrupto… deixounos para historia unha morea de nomes “gloriosos” Barrio Nuevo, Roldán, Mariano Rubio, Guerra, Vera… Por certo nalguha ocasión coa aperta efusiva ao pé do cárcere do señor Felipe González, o “Xarrón Chino”.

Coma unha pesadume aquela etapa gris pasou a historia con alguhas luces e moitas sombras, abriuse a porta ao novo goberno, entón do Partido Popular, co señor Aznar ao frente. Aquel goberno plantou a cebola nun horto fértil ávido de crecemento, abriuse o chousedo e os solos rústicos xa podían mudar o seu uso para un novo desenvolvemento o urbanismo ceibe sen control. Alí xurdiron os alicerces dun bulbo cheo de saiba esparexendo as raíces na procura da máis dura especulación urbanística. Promotores, construtores, enxeñeiros, arquitectos… puxéronlle as primeiras capas a cebola, comezaron o maratón cara unha meta imposibel. Os bancos, as caixas de aforros, e o capital privado foron na súa maior parte forxar a aliaxe de grandes espazos de solo e grandiosas construcións espalladas por todo o territorio, aínda que en maioría no Levante e no centro Peninsular, fertilizando a incipiente cebola para facela crecer forte, chea de vigor nunha longa e produtiva primavera. O sector da construción pillou a rendas da economía e tirou dela con voracidade, convidando ao festín a especuladores sen escrúpulos vindeiros dos outros sectores produtivos, verdadeiros profanos metendo o naríz na procura do diñeiro fácil “O pelotazo” a cebola da especulación ben coidada crecía con novas capas achegadas dende os aportes económicos máis diversos.

Os investidores privados, os bancos, as caixas de aforros e unha mestura de especuladores foráneos felizmente repartíndose o doce do pastel, atopáronse cos políticos, os mal chamados investidores na compra-venda de inmobles, axentes da propiedade inmobiliaria, de tasación, a facenda estatal e as autonómicas recaudadoras de impostos, notarios, corredores de comercio e un rosario de abellóns todos picando do mel; a cebola estaba na súa plenitude e todos chupaban do seu fresco arrecendo. O goberno socialista co señor Zapatero ao frente metido na súa “Alianza de civilizaciones” e o seu séquito de enxeñosos ministros, botáranlle aínda máis fertilizante á cebola facéndoa xigantesca, coa xactancia de que economía atravesaba o cénit da “champións” dos países máis desenvoltos.

A realidade era que naqueles intres xa a tan singular e longa primavera comezaba a esmorecerse, os bancos esgotaran xa os seus recursos e tiveran que acudir ao mercado en países máis desenvoltos do noso contorno, na procura de diñeiro para conseguir financiarse. As vendas de inmobles acadaran o cumio e comezaba o declive, neste punto a cebola xa estaba mirrada e non daba máis de si, das súas capas sen zume xa non había máis que chupar, era entón a caída ao abismo a que nos viña enriba, pero o Goberno Socialista co señor Zapatero ao frente “contando nubes” e as Autonomías, lonxe de admitilo seguían gastando desmesuradamente levando o país a bancarrota, situando o déficit público nunhas cifras desorbitadas.

Entón apareceron as primeiras crebas de empresas, o paro crecía dun xeito alarmante, os investidores sen liquidez procuraban recoller réditos dunhos activos daquela en boa parte mermados e sen posibilidade de colocalos no mercado inmobiliario. Os bancos fechaban o crédito asfixiados polos primeiros impagos de morosos, véndose obrigados a recoller solo e inmobles carentes de valor nun mercado rebentado pola excesiva oferta… a cebola xa estaba podre e o seu cheiro extendiase a todas as capas sociais.

A crise estaba servida, extendida coma unha nube negra encima de todos, comezaba unha durísima e longa etapa de recortes severos que nos sometería a un brutal esforzo para afrontar semellante situación, na que agora andamos metidos.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES