Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os de Viveiro

lunes, 22 de abril de 2013
Son especiais as xentes de Viveiro, no estremo occidental da costa lucense, xa preto das terras coruñesas, habitantes da capital dunha ben ampla zona turística que teñen unha especial querencia pola súa terra manifestada do xeito máis amplo e coas expresións máis variadas.

Se se trata de facer festa profana un pode escoller a Viveiro no Antroido para participar nun dos máis orixinais e vivos antroidos da costa, comprobar no verán o por que a Viveiro se lle chama a “cidade que sempre ri”, andar de troula nas súas multitudinarias festas patronais ou contemplar atónito o magnífico espectáculo da Mostra Internacional de Folclore que Bágoas da Terra organiza –in crescendo- o primeiro fin de semana de agosto desde hai trinta e catro anos.

E se se trata de festa relixiosa, en Viveiro viven unha das mellores Semanas Santas de Europa, como se ven de demostrar coa súa designación como “De interese turístico internacional”.

Levaban moito tempo teimando nesta declaración, e primeiro foi de interese galego e logo nacional esta Semana Santa que arranca na idade media cando os Franciscanos asentaron en Viveiro, e foi manténdose, e no último medio século medrando de xeito esplendoroso.

O resultado aí está: a primeira Semana Santa do norte de España que é declarada de interese turístico internacional. Porque non hai máis aló, que se non – como di o vello dito portugués- se máis aló houbera, máis aló chegarían os de Viveiro.

Noraboa, Viveiro, por esa Semana Santa. ¡E por esa xente!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania