Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A crise dos máis débiles

viernes, 19 de abril de 2013
Todos os días están saíndo novos casos de corrupción, moitos deles verdadeiras tramas organizadas por políticos, aparecen en todos os niveis da política dende os concelleiros ata os que ocupan os cargos con máis responsabilidade.

Tampouco se libran os que son cómplices destes formando parte da estrutura que goberna este país. A xustiza é moi lenta, entendendo que tamén son extremadamente complexos os casos cos que se atopa, polo que lle resulta difícil dar cos auténticos “chanchullos” nos que andan metidos algunhos dos que din que nos gobernan. Ao fin o que pasa é que saen na maioría das veces libres ou con condenas pouco exemplares.

En definitiva, na nosa sociedade hai claramente dous tipos de cidadáns, algunhos dos que nos mal gobernan que por encima nos están roubando, unha casta de vividores sen escrúpulos, auténticos vaidosos e os que vivimos do esforzo do noso traballo honesto (os que aínda contamos coa fortuna de poder traballar).

Aos cidadáns da pé tócanos agora levantar a economía, sacala do buraco onde nos meteron aqueles que nós eliximos libremente, pero que moi lonxe de facer o seu traballo con eficiencia e honestidade, ocuparon os seus cargos dende o poder para enriquecerse eles e mesmamente os seus amigos; sen importarlles nada o dano económico e social que causan ao país. A xustiza parece andar moi doce cos máis poderosos, xulgando tarde e con pouca eficacia, aplicando unhas leis nalgúns casos pouco axeitadas a nova realidade en que andamos metidos. Porén cando lles toca xulgar aos cidadáns que non poden defenderse son implacables con eles, semellando que para este colectivo as leis son claras e facilítanlles aplicar condenas máis severas.

Dende os gobernos estatal e das propias autonomías non se acadan solucións á crise, máis aló de facer recortes, que sendo sen dúbida imprescindibles non son por si sós suficientes. Subiron os impostos dunha maneira claramente abusiva en comparación coa capacidade de pago dos contribuíntes. Frearon aínda máis a posibilidade de crecemento, as empresas e os autónomos andan sen liquidez e os traballadores ven minguados os seus salarios perdendo os seus dereitos e non podendo facer fronte aos seus gastos ordinarios. Esta situación por si é insostible a curto prazo, é preciso atinxir novas fórmulas que liberen o lastre que está asfixiando aos que teñen a capacidade de xenerar novos postos de traballo, abaratar os custes da Seguridade Social, poñer diñeiro no mercado que faga fluir o crédito cun tipo de xuro baixo e cun prazo de amortización longo que favoreza o crecemento ao nivel de competitividade dos países que lideran a economía do noso entorno.

A outra lousa que está presionando fortemente a economía, consumindo unha parte enorme dos escasos recursos cos que contamos é a débeda, a cal ten un claro agravante ao ser en boa parte con terceiros países que nola están cobrando a prezos disparatados, sen que os gobernos teñan algunha solución que consiga equilibrar o déficit. As empresa públicas auténticas dilapidadoras de recursos públicos, absolutamente ineficientes dirixidas por ineptos metidos a dedo polos políticos de turno para devolver os favores aos do seu círculo. A propia administración en todos os seus niveis, consumista de recursos sempre públicos sen o debido control en medios materiais e humanos; sofre un verdadeiro desfase na prestación de servizos, mesmo solapándose entre si provocando unhos custos moi por enriba dos que podería ter se se desenvolvera con acerto e eficacia.

Parece claro que este país precisa non só dunha cirurxía estética senón dunha profunda operación que extirpe a enfermidade dende a raíz, acabando coa parálise que sofre o corpo estatal, causada polos políticos, executivos de caixas de aforros e algunhos bancos, sindicalistas e empresarios sen escrúpulos que se aproveitaron da súa posición ao agocho de calquera tipo de poder ou representación social nos máis altos niveis.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES