Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dación en pago

martes, 16 de abril de 2013
Parece incrible que o plantexamento que se presenta como panacea sexa precisamente a dación en pago para que un hipotecado se vexa libre do seu problema

A entidade bancaria, no seu momento, tasou determinado ben e en base a esa tasación – efectuadaa por especialisgtas na materia- concedeu a hipoteca oportuna. Mentras lle foi posible, o hipotecado foi facendo fronte ás súas obrigas, pagando parte da amortización máis os intereses ata chegado un momento en que non pode seguir con ese ritmo de pagos.

A dación en pago consistiría en que, no momento de que se trate, o afectado – en lugar de seguir pagando intereses e amortización – entrega o ben ao banco que se consideraría pagado na súa integridade. Pero a dación en pago quere dicir que se fai borrón e conta nova, e non contan para nada as cantidades pagadas ata o momento, se ben sempre se pode argüir que tamén o hipotecado utilizou o ben durante un tempo, aínda que un aluguer nunca é o mesmo que unha amortización máis intereses.

A situación actual é manifestamente inxusta, tiránica, abusiva, propia dun rexime coma o que nos oprime, no que as entidades económicas teñen todas as de gañar, e ningún dereito ten o debedor que non pode facer máis que ou facer fronte á débeda ou perder o ben, que non sería abondo para deixar liquidadas as súas obrigas.

A dación en pago sería un mínimo, pero inxusto, para que a situación empece a normalizarsse. A dación en pago sería un punto de partida para poder dialogar coa entidade corresponde a ver como pode solventarse o tema das cantidades xa aboadas. Non se pode plantear a dación en pago como o obxectivo a conseguir, porque eso é seguirlle plenamente o xogo ás entidades poderosas que abusan do seu poder e da súa preponderancia social e económica.

Moito ten que cambiar nesta terra para que consigamos ser un país democrático. Moito máis ten que cambiar para conseguir que sexa un país xusto cunhas reglas de xogo iguais para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania