Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Insostible situación

jueves, 11 de abril de 2013
A semana pasada comentábamos as palabras da Conselleira de Familia da Xunta de Galicia queixándose de que en Galicia non nacesen nenos abondo para garantir o noso futuro como país. Ese é un dos factores que inciden na situación actual que pon en perigo o sistema de pensións, máis grave en Galicia aínda que no resto do Estado. Que se en España a situación é de dous cotizantes por cada pensionista, en Galicia esta proporción é de 1,2 por un. E se a situación xeral é insostible, a de Galicia é manifestamente máis preocupante.

Cada vez temos máis xubilados e menos cotizantes; cada vez é maior a idade dos galegos, non nacen nenos, non se crean postos de traballo e destrúense os existentes. O resultado foi en 2012 dun desfase de tres millóns de euros nas contas da Seguridade Social.

Diante dunha situación deste tipo, as autoridades parecen optar por deixar facer, deixarse ir, non actuar, agardando que a natureza e a evolución da situación vaia solucionando algo que se manifesta insostible.

Porque se se destrúe emprego, hai que fomentar a creación de empresas e postos de traballo que traerán consigo aumento de cotizacións.

Se a poboación envellece, haberá que tomar medidas drásticas, intelixentes, novedosas, que animen ás familias a completarse, fortalecerse numéricamente nun momento en que todo anima ao contrario.

Porque a única solución é aumentar cotizacións, creación de postos de traballo e fomento da actividade económica para sanear a Seguridade Social. Non se poden reducir as pensións, xa que son as máis baixas de España. Non se pode retrasar a xubilación máis do que xa se prevé, porque sería fomentar a desigualdade cos asegurados doutras partes do Estado. Pero tampouco se pode manter unha situación de quebra técnica dunha institución da que depende totalmente a nosa estructura de sociedade.

Perdémonos en consideracións de tipo menor e esquecemos os problemas máis graves que nos afectan. Nas alturas da Administración, alguén debería tomar estes temas moi en serio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania