Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Disuasión e equlibrio nuclear na península coreana

martes, 09 de abril de 2013
A recente escalada de tensión política, diplomática e militar na península coreana evidencia unha estratexia de disuasión por parte do réxime de Corea do Norte, da man do seu máximo líder Kim Jong-Un, coa intención
de premer á ONU e á comunidade internacional a fin de retomar as negociacións sobre o seu programa nuclear ante a renovación de sancións internacionais contra Pyongyang acordadas no Consello de Seguridade da
ONU o pasado 7 de marzo.

Esta estratexia norcoreana está igualmente dirixida a conter a realización de exercicios militares conxuntos entre Corea do Sur e EUA, interpretados dende Pyongyang como unha provocación. En clara reacción a estas accións militares conxuntas entre Washington e Seúl, Corea do Norte realizou o pasado 12 de febreiro o seu terceiro ensaio nuclear desde 2006. Paralelamente, a ampliación de sancións por parte da ONU deveu nun inédito cambio de posición por parte de dous aliados tradicionais norcoreanos, a nova China de Xi Jinping e Rusia.

No entanto, a tensión igualmente podería alentar unha especie de reacomodo político interno en Corea do Norte, en especial ante a recente remoción de altos cargos do seu goberno, unha dimensión que pode traducirse nunha maior presenza de figuras políticas afíns ao clan político de Kim Jong-Un. Neste sentido, e coincidindo con esta crise na península coreana, o máximo líder do réxime xa estableceu como prioridades do seu
goberno a eventual potenciación dunha serie de reformas na autárquica economía norcoreana así como o avance e alargamento do seu programa nuclear.

O pulso de Kim Jong-Un

A tensión xerada nos últimos días na península coreana, principalmente a raíz do anuncio do líder norcoreano Kim Jong-Un de declarar o “estado de guerra” contra Corea do Sur, amosa un escenario aparentemente prebélico entre as dúas Coreas, un conflito que irremediablemente implica a potencias con intereses estratéxicos e potencialidade nuclear como son os casos de EUA, China e Rusia, así como doutros actores implicados como Xapón (país que ansía retomar a súa carreira militar) e a propia ONU.
Nos últimos días, os movementos de tropas na liña fronteiriza coreana que transita polo Paralelo 38, así como o establecemento dunha especie de “cordón sanitario” de carácter naval nas disputadas zonas marítimas, colocaron en estado de máxima alerta tanto ás dúas Coreas como a EUA (con bases militares e navais en Corea do Sur e no sueste asiático), China, Rusia e Xapón.

A crise coreana sinálase así como un escenario de alta prioridade para a seguridade internacional principalmente por dúas razóns. A primeira, pola existencia dun estado técnico de guerra entre ambas Coreas, tendo en
conta que tralo final da guerra de Corea en 1953, ambos países asinaron un armisticio militar en vez dun tratado formal de paz, auspiciado pola ONU, EUA e a URSS.

Este status tecnicamente bélico corre o risco de reactivarse ante calquera crise de carácter diplomático, político ou militar, tal e como se observou con
anterioridade en situacións similares en 1994, 2006 e 2009, principalmente a raíz do pasamento do fundador da República Popular Democrática de Corea, Kim Il-Sung, así como dos respectivos ensaios nucleares realizados por Pyongyang. Non obstante, o factor de risco mais visible ten que ver co avance da presenza militar estadounidense na zona, con especial empeño no reforzamento das súas prioridades xeopolíticas
estratéxicas (principalmente apoio militar a Corea do Sur e Xapón) a fin de conter o ascenso de potencias emerxentes (China).

A segunda razón céntrase no eido nuclear. Corea do Norte asinou o Tratado de Non Proliferación Nuclear (TNP) de 1968 para, posteriormente, converterse no único país en retirarse do mesmo en 2003, avanzando
no seu programa. Dende entón, Pyongyang vese abertamente desautorizado pola ONU e, principalmente, por EUA nun pulso polo equilibrio nuclear na península coreana, considerada a rexión do planeta con maior concentración militar e de capacidade nuclear. Rusia e China apostan pola desnuclearización total da península.

Neste sentido, o poderío nuclear norcoreano céntrase nos seus mísiles de longo alcance Musudang (3.000 quilómetros), Taepodong 1 e 2 (case 7.000 quilómetros), Rodong (1.000 quilómetros) e Hwuasong 5 e 6
(máximo 500 quilómetros). Ademais, Corea do Norte ten 1,6 millóns de soldados en activo e case 7,7 millóns en reserva. Pola súa banda, Washington mantén 15 bases militares en Corea do Sur, así como importantes continxentes en Xapón, Singapur, Filipinas e Malaisia.
Un terceiro factor de peso na crise cabería referilo á asunción en decembro de 2011 de Kim Jong-Un (diseque de 29 anos de idade), neto do fundador do réxime, como novo líder máximo de Corea do Norte. En clave política interna, a actual crise na península coreana pode igualmente reflectir un pulso do propio Kim Jong-Un coa finalidade de fortalecer o seu liderado e
demostrar a súa capacidade para dirixir un Estado clave para a seguridade internacional como Corea do Norte.

Por riba de decisións arriscadas e de carácter temerario, Kim Jong-Un e o réxime norcoreano trazan un cálculo estratéxico orientado a disuadir á veciña Corea do Sur, a EUA e á ONU, coa finalidade non só de retomar as negociacións para obter plena seguridade senón advertindo da transcendencia internacional que ten Pyongyang e o seu programa nuclear, en especial ante a reactivación das tensións xeradas por outras crises de
carácter similar, como é o caso do programa nuclear iraniano.

A declaración oficial por parte de Kim Jong-Un de descoñecer a vixencia do armisticio de 1953, preparando á súa poboación para un conflito aparentemente “inminente” con Corea do Sur e EUA e as reaccións de
Seúl ameazando cunha intervención directa en caso de perigo para os seus cidadáns, sinalan os perigos claros de paso da retórica á acción.
Washington porfía no reforzo dos dispositivos militares presentes na zona.

O papel de China

Neste contexto aparentemente prebélico, o factor de equilibrio que podería evitar unha maior escalada da crise apunta claramente cara China. Pequín, cun goberno recen estreado que situou á fronte do ministerio de asuntos exteriores a Wang Yi, experto en Xapón e participante nas conversas pasadas con Corea do Norte a propósito do programa nuclear, apoiou xunto a Rusia a ampliación das sancións internacionais no Consello de Seguridade da ONU o pasado 7 de marzo, unha decisión inédita e sorprendente que eventualmente reforzaría o illamento de Pyongyang.

O peso de China na crise é evidente tendo en conta que Pequín é o seu principal aliado e socio económico ao proverlle de alimentos e petróleo necesarios para aliviar unha economía autárquica e de subsistencia. A
presión política que supón para Pyongyang este inédito e aparente aliñamento chinés coas teses occidentais e as demandas da ONU deixa a Kim Jong-Un e ao réxime norcoreano nunha complexa situación, polo que a
disuasión nuclear e as advertencias prebélicas contra Principais bases militares de EUA en Corea do Sur e Xapón e principais instalacións militares de Corea do Norte.

Fonte:
http://www.ikimap.com/map/crisis-nuclear-peninsula-coreana
IGADI
IGADI


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES