Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As amizades perigosas

martes, 02 de abril de 2013
Ou este é un pais de pandeireta ou o Presidente da Xunta de Galicia ten que saír correndo, avergoñado e dándose golpes de peito, ata fundilo se é posible, dun cargo que é o máis importante que existe para os galegos: o da dirección das súas vidas.

Núñez Feijoo non é o presidente dunha asociación de amigos das herbas aromáticas, se non o Presidente dunha nacionalidade histórica, dunha Autonomía incluso con características federais a dicir dalgúns. Daí a enorme importancia do feito que ningunean aqueles que perviven no ananismo dunha mentalidade aduladora de quen lle conveña.

Que confianza se pode ter nun personaxe que se pasea en iate lucindo o palmito, fai excursións andorranas ou pirenaicas, participa en ágapes e goza da vida en compañía dun recoñecido mafioso, hoxe en prisión por narcotráfico? Fose no tempo que fose, acontecese cando aínda non estivese detido, pasase cando parecía ilegal pero saía inocente, era pero non era. O certo é que parece imposible que alguén da intelixencia que se lle supón a un presidente autonómico non se preguntase de onde saían os cartos daquel elemento con aquel tren de vida ao que el parecía apuntarse encantado. Doutro xeito, miudo presidente se non se enteraba, entón tería que dimitir por parvo.

Pero é que unha persoa con esta rocambolesca historia pode seguir presidíndonos? Pero pode ser ese meu/noso presidente? Pero os partidos políticos da oposición poden consentilo? Pero que dirán os centos ou miles de “camelos” presos por vender unhas papelinas que o capo amigo de Feijoo proporcionoulles un día? Seguiremos os galegos coa nosa chuvia e calma como dicía o poeta e a indecencia dirixindo os nosos destinos? Agora fala da honorabilidade de Anxo Quintana? Pero que ten que ver Jacinto Rey un recoñecido empresario con Marcial Dorado un delincuente?

Pero tranquilos, porque aínda nos queda a homilía que como é costume cada certo tempo nos ofrece o editor de “La Voz de Galicia” na que non deixando monicreque con cabeza, seguro que nesta nos dedicará unha narración nada amárela se nón branca como o polvo ou, en tal caso, dourada como o Marcial explicándonos porque publicou a foto de Quintana no iate de Jacinto Rey e ocultou a de Alberto Nuñez Feijoo no iate de Marcial Dorado, seguro que ben coñecida polo medio.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES