Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Pleno kafkiano

jueves, 28 de marzo de 2013
Desde o Preguntoiro

O último pleno de Vilagarcía teño que cualificalo como unha broma kafkiana chegando a unha deformación da realidade. Isto aconteceu cando debateuse o punto do día que trataba sobre o regulamento de servizos da utilización das instalacións culturais do Concello. Os representantes de moitos colectivos culturais e Asociacións de Veciños da cidade non estabamos de acordo na formulación nin nas formas dese regulamento. Desta maneira fíxose constancia no pleno cunha protesta unánime ao grupo de goberno para que retirara o regulamento e ser consensuado polos colectivos de Vilagarcía. Non foi así, aprobouse co voto de calidade do Sr. Alcalde.

Un demócrata non pode dicir que este regulamento foi de consenso polos colectivos, cando iso non é verdade, mentiu. O goberno local de Vilagarcía non falou con ninguén e o pobo dille que retire ese regulamento para tratar de axuntar posturas dunha forma eticamente democrática.

Da unha sensación de que o Sr. Fole está gobernando por impulsos ditatoriais, asemellando aos seus xefes Monclovitas a golpe de decretos leis cada venres de “pasión”. Agora estes decretos no Concello de Vilagarcía os pasou o Sr. Fole a luns de “pasión”. Parece que todos eles están a ver quen gaña en “decretos” e superan ao ditador Franco.

A moita xente éncheselle o papo falando de democracia como se foran demócratas de toda a vida. Outros inténtan practicar á súa maneira, crense uns deuses pensando que cada catro anos lles votaron e xa teñen patente de corso para facer o contrario do que prometeron, isto está acontecendo a nivel estatal, autonómico e local. Hoxe, a democracia está tirada polo chan, desde que están gobernando estes “demócratas”: mentindo como cosacos, manipulando, demonizando ao pobo, terxiversando, poñendo a este país como vergonza de Europa cos casos de corrupción que chega a feder polos catro puntos cardinais do estado español. ¿Porque estes “demócratas lle teñen tanto medo ao pobo?.

Ao Sr. Alcalde quérolle dicir, sen ningún ánimo de acritude: achéguese un anaco ao pobo e practique a “demos kratós” real. Neste pleno tivo unha oportunidade intelixente que non aproveitou, quedar como un bo demócrata retirando o regulamento. “O povo é quem máis ordena”, desta maneira cantaba Xosé Afonso o "Grádola vila morena".
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES