Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A xurar pola augardente

miércoles, 27 de marzo de 2013
O vindeiro domingo celebraremos en Portomarín por todo o alto a Pascua, o triunfo da vida sobre a morte, da primavera sobre as invernías e da verdura sobre os campos ermos.

Dende hai 43 anos, falar de Pascua en Portomarín é falar de augardente, do día no que os nosos mellores colleiteiros anegan de aromas a Praza de Conde Fenosa para intentar conquistar o padal das novas donas e dos novos cabaleiros da Serenísima Orde da Alquitara, que serán nomeadas e nomeados en acto solemne na tardiña do domingo. Nesta edición o xurado quixo escoller a un grupo variado de persoas que destacan por unha traxectoria vital intensa en distintos eidos. Entre eles gustaríame destacar á deportista paralímpica en boccia María Hilda Rodríguez (natural da parroquia de Caborrecelle), ao presidente da Unión Democrática de Pensionistas de Lugo Bernardino Barreiro, á directora do CEIP Virxe da Luz de Portomarín Mercedes Fernández ou á conselleira de Medio Rural e Mariño Rosa Quintana. Para todas e todos os meus parabéns, porque na tarde do domingo van vivir a emoción de xurar ante o Gran Chanceler da Orde Alfredo Sánchez Carro a súa defensa e promoción en todo tempo e lugar da mellor augardente: a de Portomarín.

Cando se fala da augardente de Portomarín, hai que ter en conta que este é un produto plenamente artesanal; elaborado con lentitude, paciencia e amor dende tempos ancestrais polo método da alquitara, que pinga a pinga nos dá botellas que levan polas mesas do mundo o nome de Portomarín, poñendo o broche de ouro aos mellores xantares.

Mais a alquitara require esforzo, dedicación, tempo e moito tino. Primeiro hai que gardar o bullo que fica das uvas pisadas (no tempo da vendima) e unha vez prendido o lume e botado o bullo cómpre armarse de paciencia para ver (a través das horas) caer pìnga a pinga, por unha serpentina colocada na parte superior da alquitara, o máis valorado produto da nosa terra e do noso xenio.

A vila de Portomarín bríndanos cada Pascua a posibilidade de gozar do espectáculo da destilación lenta e saborosa; feita polos nosos colleiteiros que se someten, ano tras ano, ao xuízo dos novos Cabaleiros da Serenísima Orde da Alquitara nada máis xurar o seu oficio.

Sen dúbida é unha boa opción visitar a vila de Portomarín e renderse ante as mans artesáns que tecen pacientemente este licor, sempre capaz de esperta as mellores ledicias e ilusións do noso ser.

O Domingo de Pascua hai que ir a Portomarín e respirar o cheiro infindo da artesanía.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES