Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mark Haddon e a Teoría da Relatividade

lunes, 25 de marzo de 2013
Nun dos capítulos do libro O curioso incidente dun can a media noite de Mark Haddon, Christopher Boone, o protagonista, di: «Os nenos do meu colexio son estúpidos. Pero suponse que non teño que dicir que son estúpidos, a pesar de que o sexan. Suponse que teño que dicir que teñen dificultades de aprendizaxe ou que teñen necesidades especiais. Pero dicir isto é estúpido, porque todo o mundo ten dificultades de aprendizaxe, porque aprender a falar francés ou entender a relatividade é difícil. E todo o mundo ten necesidades especiais, coma meu pai, que ten que levar unha caixa de pastillas do edulcorante artificial que pon no café para non engordar, ou a señora Peters, que leva no oído un aparello de cor beige para oír mellor, ou Siobhan, que leva uns lentes tan grandes que se os pos maréaste, e ningunha destas persoas é de Necesidades Especiais, aínda que teñan necesidades especiais».

Exposto isto, agora farei mención dunha cuestión, digamos básica, da Teoría da Relatividade. Velaquí: a mecánica newtoniana, segundo os especialistas na materia, é unha gran verdade que, en cambio, non funciona para o electromagnetismo porque non o representa adecuadamente. Ante isto poderíase afirmar que a mecánica newtoniana é unha mentira. En realidade, se un corpo se move a unha velocidade moi grande resulta que a mecánica newtoniana é falsa; agora ben, isto non quere dicir que esta mecánica sexa falsa, porque a teoría de Newton continúa sendo válida para velocidades pequenas. Polo tanto, hai que facer unha pequena corrección. A pequena corrección é a Teoría da Relatividade, que é unha gran verdade que substituíu a outra gran verdade. Ou como dixo o físico Niels Bohr: «O contrario dunha afirmación verdadeira é unha afirmación falsa, pero o contrario dunha verdade profunda pode ser outra verdade profunda». Ben mirado, logo, as formulacións de Mark Haddon (expresadas a través de Christopher Boone) e de Niels Bohr son concomitantes.
Tobaruela, Pere
Tobaruela, Pere


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES