Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha adolescente pegada a un móbil

lunes, 18 de marzo de 2013
Quen non lembra o verso escrito hai tempo por Francisco de Quevedo. Aquel que di: “Érase un hombre a una nariz pegado”. Teño que recoñecer que teño un par de amigos que teñen un nariz bastante prominente, para dicilo dunha maneira suave; aínda así, quero que quede ben claro que estas liñas non son para amolalos.

Así que, por favor, as persoas que teñan un nariz aciranado (de cando en vez dá gusto transcender a normativa) non se dean por aludidas. Para a única cousa que quero usar o verso de Quevedo é para facer un xogo de palabras co título desta terceira reflexión. Pois ben... Unha adolescente pegada a un móbil non é máis que unha anécdota das aventuras e desventuras dunha rapaza de catorce anos en Londres, a filla dun coñecido que aquí me pediu pasar por descoñecido (“se dis o meu nome esgánote”, palabras textuais súas).

O feito é que a filla do meu amigo foi a Londres para pasar un mes estudando inglés. Amais de tres maletas cheas de roupa, por se ía friaxe, calor ou nin unha cousa nin a outra, levou un MP4 con miles de cancións, para non aburrirse, e libras esterlinas de máis. E tamén un móbil novo, ben cargado de euros (“nunca se sabe no estranxeiro”, díxome o meu amigo), cun dispositivo especial activado para chamar desde Inglaterra a un prezo razoable (¡que falacia!). A rapaza pasouno caralludamente: estudou inglés, puido saír máis do que lle permiten os seus pais cando está na casa, coñeceu mozos e mozas, gastou todo o crédito do móbil e tamén todas as libras esterlinas (non fose que o euro se devaluase)... Pero en toda viaxe sempre hai un episodio triste, tétrico, doroso... Pobriña, unha noite a rapaza chamou aos seus pais para dicirlles que o cargador do móbil non funcionaba ben. O meu amigo e a súa muller responderon como uns pais de primeira: dixéronlle que non se preocupase, que ao día seguinte lle enviarían un cargador novo.

E así foi como a rapaza puido continuar pegada ao seu móbil... Xa hai meses que volveu de Inglaterra e aínda segue.
Tobaruela, Pere
Tobaruela, Pere


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES