Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Mercamos obras?

lunes, 13 de junio de 2005
Os políticos en campaña son vendedores de ilusións, e diante de nós presentan un abano de realidades futuras, pero non como posibilidades senón como feitos que se han de encargar de conseguir. Por eso a existencia desemovemento social que é partidario de que os políticos se comprometan documentalmente a cumpri-las súas promesas no caso de ser elixidos.

Unha vez no goberno, véndensenos obras e realizacións dun xeito ostensible sabendo de antemán que nós mercaremos tendo en conta que temos un contrato de exclusividade e que pagamos por adiantado todos estes servicios.

É como ese sistema de venda no que quen merca algo ten que aboalo previamente polo sistema que prefira, e cando recibe o pedido non ten moita máis capacidade de manobra que patalear, xa que o diñeiro investido non ten recuperación posible.

Nesta época electoral, demos en ver recentemente a publicación no Boletín Oficial de realizacións longamente desexadas, aínda que só sexan estudios de viabilidade ou a confección de proxectos de obras que precisamos desde hai moito tempo.

E nós aceptamos con relativo entusiasmo esta publicación, aínda que entendemos non é o momento axeitado. Porque nos venden obras retrasadas, precisamente no momento en que están en discusión moitas outras cousas.

Naturalmente que mercamos obras. Pero tendo en conta que nós estamos ó día coa Facenda, que temos pagados os nosos impostos, eso que agora nos ofrecen non fai máis que compensar no xeito que corresponda o noso investimento de hai un ano; precisamente no momento en que estamos de novo a punto de investir neste noso futuro común.

De modo que tendo en conta que xa as pagamos previamente, todas estas obras -e as que veñan- só fan que quedemos empatados cos nosos gobernantes, sexan á escala que fosen, polo que nada lles debemos. Nós, mercamos obras, pero xa as temos pagas por adiantado. Se as obras veñen, ben vidas sexan. Como máximo, ¡estamos en paz!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES