Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

This is Spain

jueves, 14 de marzo de 2013
Desde o Preguntoiro

Oito meses de cadea para un ex-ministro británico por unha multa de tráfico, onde coaccionou a súa dona para que se declarase culpable, Descubriuse a mentira e o resultado foi multa, retirada de carnet e cadea.

Igual que en España, a mesma xustiza. Estes fillos da Gran Bretaña non saben facer as cousas, tiñamos que mandarlle uns monitores para darlle cursillos de saír de calquera problema sexa de tráfico ou de corrupción. Unha das primeiras cousas sería en dar unha conferencia de prensa detrás dunha pantalla de plasma contar catro barralladas de galopíns. Non encanto, pódese mandar de monitores á Peinetas, González Póns e inclusive ao Sr. Arenas por iso da transparencia e por último a Bárcenas por aquilo das comisións.

Falando en serio, temos que ser comprensivos coa “marca España” e co noso goberno, se actuaramos á maneira anglosaxón, este goberno non quedaría ningún, terían que dimitir todos. !Carallo¡. Que sería de nós sen a súa tutela, non se nos pode deixar sós, ¿ Lémbravos algo esta frase?.

Darvos conta que se aplicáramos desta mesma forma a Lei que en Gran Bretaña. ¿A quen tiñamos que votar?. ¿Quen se presentaría a unhas eleccións?. Estarían case todos os políticos que gobernaron e gobernan pringados e apodrecidos na cadea, inclusive parte da familia Real......o mundo ao revés.

Esta novas son as que deixan a “marca Spain" á altura do betún bananeiro, porén, non temos que preocuparnos xa que na última noiteboa (como moitas noiteboas) saíu un Sr. na TVE, dicindo que a lei neste país dos despropósitos será igual para todos. Neste intre que estou escribindo isto ráchaseme os beizos de risa. This is Spain.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES