Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recuperación

jueves, 14 de marzo de 2013
Son tantas as perdas que está sufrindo o tecido productivo de Galicia, que o que cabe preguntarse é se seremos capaces de recuperarnos desta caída en picado, desta desaparición paulatina e acelerada de empresas e postos de traballo.

O que levou tantos anos conseguir, froito do traballo calado de tanta xente durante tanto tempo; de tantos esforzos individuais e colectivos vai
caendo, día a día, nas mans de ninguén, sometidas pequenas e medianas empresas a concursos de acreedores, subastándose os bens das pequenas sociedades, pechando centros de traballo e deixando na rúa aos que neles gañaban o seu sustento.

Nalgún momento terá que cambiar o signo da economía, pero parece como se os gobernantes fiaran todo á Divina Providencia e non a medidas socioeconómicas que deberan ter entrado en vigor hai moito tempo para conseguir ilusión e claridade.

Nun tempo no que nada se move xa, no que o encefalograma sociolaboral debe estar a cero, quédanos a dúbida de se a situación que se pretendía buscar é esta, tabula rasa, para logo empezar de cero. Pero, na actual situación, ¿Empezar, quen?. Recuperar, ¿qué?. E, sobre todo, para cando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania