Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa que de balde recibistes, dade de balde tamén

lunes, 13 de junio de 2005
Non son palabras da miña colleita. Son do Evanxeo deste domingo. Xesús, despois de elixir ao grupo dos doce, déixalles este encargo: "Ide, máis ben, ás ovellas perdidas da Casa de Israel e, de camiño, proclamade que o Reino de Deus xa está aquí. Curade enfermos, resucitade mortos, limpade leprosos, expulsade os demos. E xa que de balde recibistes, dade de balde tamén" (Mat.9,36) Nova chamada á súa Igrexa.

A mensaxe é clara/directa. Vai para os/as cristiáns/ás e persoas de boa fe. Saber quen son e onde están os enfermos que hai que curar, os mortos aos que hai que dar vida, os leprosos que deben ser limpos e os demos que cómpre desbotar da sociedade, resulta claro para os/as que o queiran ver. Están á vista. Lonxe e preto de nós. O que pasa é que non gusta miralos e menos implicármonos, a fondo...e de balde!, na súa liberación.

Por riba, medran os atrancos. Aos egoísmos persoais, hai que engadir que neste mundo reina o ter/posuír, se prioriza o consumo/comercio/negocio (o pensamento único e todo globalizado), pónselle prezo a todo e só se valora o que se merca/vende e aínda non hai "áreas comerciais gratuítas". Eses contratempos fan máis difícil a vivencia da entrega, do servicio, da gratuidade, do amor. Non están de moda os grandes valores que dan senso á existencia humana: a vida, a verdade, a xustiza, o amor, a paz, a felicidade, o gozo de compartir...a fe!. Por iso, precisamos de máis forza e esforzo para vivir nas coordenadas de Xesús. Cómpre estar profundamente identificados co seu Espírito e termos os ollos limpos e abertos para ollar cara dentro de nosoutros e cara aos demais. Para non só ollar senón tamén sentir as necesidades que enchen e envolven o mundo.

A Palabra/Vida de Xesús e dos discípulos van na liña do amor e a gratuidade, que teñen o proceso previo da escoita, da dispoñibilidade, da gratuidade. Así o fixeron/viviron os primeiros cristiáns. Só deste xeito pode haber vida nas Comunidades. Cómpre recuperar a frescura e a forza da fe que nos implique nos problemas dos demais. Levar a esperanza, o ánimo (e tamén o pan/viño) aos pobos, axudar a facelos felices e dar de balde, sen intereses e servidumes. Paulo fala de "entrañas maternais" que dan a vida polos seus fillos, anque sexan ruíns. Fai falla a xenerosidade, a gratuidade, o amor.

Para esta semana, que se albisca rabiosa/nerviosa/tremebunda, abafada polo barullo, a confusión e o desconcerto (no político e no eclesial), desexo e suplico: máis reflexión, prudencia, respecto, boas maneiras e uns mínimos de educación. Sobran calumnias, mentiras, medias verdades, crispacións, insultos, palabras feas...Falla a verdade e medra a inxustiza. Mesmo desgaxa a esperanza. Para meus irmáns e irmás na fe, lembro a clara advertencia de Xesús: "Dádelle ao césar o que é do césar e a Deus o que é de Deus".
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES