Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inauguracións

miércoles, 08 de junio de 2005
As épocas electorais, cos seus longos prólogos, sempre foron propicias para inauguracións, primeiras pedras, planificacións, proxectos e promesas.

Esta movida a ninguén é alleo, e calquera que sexa a cor dos afectados, a tentación é demasiado forte como para poder substraerse a ela.

O Presidente do Goberno acode a Galicia e promete o ouro que a realidade nos veta. A tempada electoral e os seus prolegómenos fixo vir ministras e ministros, pero nin siquera a época que vivimos foi quen de arrincarlles un pronunciamento definitivo en relación con este lonxano (desde Madrid) país.

Sen embargo, a Administración autonómica está este ano parca en inauguracións e promesas, entre outras cousas porque todo o que pode ser inaugurado xa o está con anterioridade.

Agás en Silleda, onde veñen de inaugurar o Centro de Saúde, en plena campaña. A Xunta electoral reaccionou tarde á noticia e cando quixo prohibilo, xa estaba inaugurado, polo que impuxo cadansúa multa económica ó Concello e á Consellería de Sanidade da Xunta por 1.200 euros.

A razón da tardía prohibición e posterior multa está no recurso formulado polo Bng en relación con esta inauguración, por entender que interfire na campaña electoral e non se debe a ningunha necesidade urxente.

Esto é non coñecer esta terra e os seus costumes. Moita xente gosta das campañas electorais porque é cando se producen tódolos remates de obra, postas a punto, axustes técnicos, e entran en funcionamento instalacións e servicios que doutro xeito tardarían tempo en funcionar.

Se a unha campaña se lle quitan as inauguracións, queda descafeinada e pobre. Multar con 1.200 euros (arredor de 200.000 das antigas pesetas), é darlle algo máis de gracia á loita política, e animar a todos a que lle boten algo máis de inxenio cando se trate de aproveitar unha ocasión de sair na foto.

Despois do día 19 invadiranos a tranquilidade, pero ata entón deixemos ós políticos os correspondentes momentos de gloria, onde todos proclaman que van gobernar, onde todos están ó servicio do pobo e onde todos -inauguren ou non- son auténticos Pais e Nais da Patria. Despois, a Patria xa vai soa, que para algo é maior de idade, e ten nos políticos os colaboradores necesarios, aínda que algúns opinen que son un mal menor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES