Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os consumidores urxen información

miércoles, 06 de marzo de 2013
O fraude no etiquetado de produtos cárnicos que ven de ser denunciado na UE, carne cabalar por vacún, é un síntoma do que está a acontecer noutras gamas alimentarias. Porén celebramos os proxectos que están a transformar e comercializar os ingredientes da cadea alimentaria preto da súa produción, tan simple como saber o que comemos e bebemos, mesmo ampliando o catálogo de preparados.

Entre nós hai pioneir@s nesta liña, que loitan contra a falla de comunicación e información entre produtor e consumidor, que á fin é o que paga o produto que necesita e sabe do seu cometido. Biocop de Ourense que aglutina gandeiros de varias comarcas, acompaña a carne coa información por webcam sobre o xeito de alimentación daquela vaca. E sempre nun marco ecolóxico que aposta por máis vida. Xa na nosa Chaira, Champivil S.L ven de ser agasallada co Premio Aresa polo empeño en transformar e comercializar ó pé d@s produtores o que estes están a sementar e recoller. Ten que ser sempre un intercambio comercial que beneficie a ambas partes, porque saben valorar o traballo de cadaquén. Hai un contacto mutuo que ten que enriquecer o país.

Estas decisións teñen unha lectura económica, pero tamén profesional e ata de fixación de poboación no rural, porque incentivan a autoestima na agrogandeiría, un sector pouco recoñecido, cando é o sostén da alimentación, paisaxe, e saúde de todas as especies.

Unha empresa que está a demostrar na veciñanza que é posible ofrecer o que labramos cada vez máis lonxe e con moita calidade. Esta unidade familiar de Mourence tamén clarifica outra das eivas do sector: o relevo xeracional cando se progresa na creación de industrias transformadoras. Son un exemplo de aprender a descubrir na contorna os recursos e fontes de riqueza que a Nai Natureza está a deitar rente nós. Xa polos 50 do século pasado a avoa recollía os cogomelos que principiaban a ser estimados no noso mundo rural, cando moi pouca xente os apreciaba, despois vendíanos a multinacionais que se aproveitaban da nosa riqueza, agora elaboranos e distribuenos dende aquí.

O mesmo acontece cos grelos e verzas, que deixaron de ser un elemento estacional da gastronomía, presentes ó natural ou conxelados na nosa mesa todo o ano, grazas a estas iniciativas de fabricación de conservas.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES