Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tamén nós somos máquinas

martes, 05 de marzo de 2013
Claro que tamén nós somos máquinas. Aparatos case perfectos para soñar,
para camiñar ou para curar, para rir e para axudarnos entre todos.

Aínda que tamén hai quen é unha máquina de roubar, quen maquina para
matar ou quen só pensa en enganar, conquistar ou amargar a vida aos demáis.

Todas as máquinas están nos libros, pero tamén viven entre nós, ceibas
polas rúas ou os pasillos das casas, ou agochadas ata que alguén as
move, as enche de vida e parten cara ás súas misións, felices ou
escuras, según se dea.

Hoxe abrimos uns días de máquinas, nenos e nenas, escritores, libros,
poetas, teatro, debuxos, cores e imaxinación, no que as amigas e amigos
do Salón do Libro nos convidan a maquinar sobre as máquinas, a
fabricalas, a distinguir as boas das regulares, as malas das piores.

Viaxar polas máquinas é facelo por tantísimas cousas, que non chegaría
todo o tempo do mundo para nomealas a todas.

Desde as raquetas que usan os mozos e mozas que xogan estes días aquí ao lado o campionato de ténis de mesa, ata este micro que permite que me
escoitedes ate na última fila, ou a cámara, o bombillo, a grúa que lles
axudou a facer este edificio, a agulla que coseu a túnica do camarlengo
de Roma que hoxe dirixe o Vaticano, ou a cámara que nos axuda a operar a
un neno de Perú desde un hospital da Habana.

Tamén marabillosas máquinas son os coches que xa non invaden Pontevedra, porque a vida non pode deixarse invadir por elas, por moi xeniais que sexan.

E máquinas os móbiles, os ipads, os wii, as play, que nos axudan a xogar
e a facer amigos, pero que non debemos convertir no único contacto que
temos co mundo.

E tamén está a máquina da literatura, unha invisible e infinda
ferramenta humana dedicada a fabricar historias que nos axudan a vivir e
a soñar.

Un enorme aparato no que collen todo o resto dos trebellos do mundo, e
que de algún xeito están aquí representados nestes recunchos fermosos do
Salón, cheos de libros, de historias, de contos, de relfexións e de vida.

Porque a vida, a túa propia vida, ten tamén un mecanismo que a organiza,
a define e a xestiona.

Ese mecanismo es ti mesmo, unha auténtica ferramenta cun motor estupendo e delicadísimo, composta de corpo e cerebro, e que tes que coidar, alimentar, encher, modular, correxir e disfrutar ao longo de toda a vida.

Este montón de máquinas humanas que hoxe estamos aquí, declaramos
inaugurado o Catorce Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

E como somos máquinas boas, educadas e satisfeitas, agradecemos a todas e todos os que traballaron estes días a súa dedicación e o ben que o
fixeron para todos e todas os que queiran achegarse aquí.

Moitas grazas.

(Discurso do Alcalde de Pontevedra na inauguración do Salón do Libro)
Fernández Lores, Miguel Anxo
Fernández Lores, Miguel Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES